InicioSociedadeA UVigo participa nun proxecto para desenvolver sensores que melloren a identificación...

A UVigo participa nun proxecto para desenvolver sensores que melloren a identificación de tumores

O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación atlanTTic é un dos 13 socios que participan na iniciativa europea 'retina'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, participa no proxecto europeo Retina, que ten como obxectivo desenvolver dous sensores baseados en tecnoloxías fotónicas para mellorar diferentes procesos no ámbito da saúde, a automoción ou a agricultura.

En concreto, estes sensores permitirán, por exemplo, mellorar a identificación das células tumorais e a monitorización da perfusión sanguínea en cirurxías, no ámbito da saúde; ademais de desenvolver sistemas avanzados de detección de colisións de vehículos, en automoción, ou pór en marcha plataformas terrestres e montadas en drones para viticultura de precisión.

A UVigo é un dos 13 socios de sete países que participan nesta iniciativa, que arrincou o pasado mes de decembro e que durará catro anos, cun orzamento de 6,2 millóns de euros. Está coordinada polo centro tecnolóxico AIMEN. Segundo recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI), a idea é desenvolver un concepto novo de tecnoloxía LiDAR (detección e localización por luz) baseado en PIC (microcontrolador) altamente escalable; desenvolver xeradores de imaxes espectrais instantáneas para sistemas sensoriais rendibles e de alta resolución; establecer técnicas de software innovadoras e servizos para o despregamento dunha plataforma de detección baseada en aplicacións fiables e precisas, e apoiar o liderado tecnolóxico do ecosistema fotónico da Unión Europea impulsando o crecemento en industrias estratéxicas.

Respecto diso, o investigador de atalnTTic e líder do proxecto na UVigo, Francisco Díaz, destacou que Retina pretende xerar dous tipos diferentes de sensores fotónicos que sexan capaces de transmitir e procesar a información de forma máis rápida. “LiDAR é unha tecnoloxía que utiliza luz para detectar as dimensións de obxectos en 3D. Ao aplicar a fotónica aos sistemas LiDAR podemos reducir o tamaño do sistema LiDAR para que colla nun só chip”, reivindicou.

ÚLTIMAS

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo enfróntase a 10 anos de cárcere por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...