InicioEconomíaMáis de 30 marcas de coches reuniranse na 33ª edición do Salón...

Máis de 30 marcas de coches reuniranse na 33ª edición do Salón do Automóbil, que arrinca o mércores

A exposición estará aberta ata o día 10.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de 30 marcas de coches e 15 de motocicletas reuniranse na 33ª edición do Salón do Automóbil e a Motocicleta de Vigo, que arrincará este mércores, día 6 de marzo, no instituto feiral da cidade olívica (Ifevi), onde permanecerá aberto ata o domingo 10.

Tal como reivindicou a organización, cuns 20.000 metros cadrados de exposición, trátase do evento con maior exposición comercial de motor en Galicia, na que se reunirán os principais concesionarios da comarca para mostrar unha “gran variedade de marcas e ofrecer propostas de todo tipo de vehículos de diferentes rangos de prezos”.

“Desde os últimos modelos eléctricos ou híbridos á tradicionais gasolina ou diésel, o Salón do Automóbil e a Motocicleta de Vigo preséntase como a oportunidade perfecta para escoller a mellor opción”, reivindicaron.

Entre as novidades, a firma chinesa Omoda presentarase por primeira vez en España no salón, co seu Omoda 5, un todocamiño con motor gasolina.

Á presentación do evento acudiu, entre outros, a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, quen destacou o Salón como “referencia da fortaleza do sector automobilístico” da cidade.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...