InicioCulturaC. Tangana, Compoñente de Honra da Coral Casablanca tras elixir á agrupación...

C. Tangana, Compoñente de Honra da Coral Casablanca tras elixir á agrupación para cantar ‘Oliveira dos 100 anos’

O acto de nomeamento levarase a cabo antes de verán en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cantante español C. Tangana foi seleccionado pola Fundación Coral Casabranca de Vigo para ser recoñecido como Compoñente de Honra, despois de que o artista seleccionase á agrupación para interpretar ‘Oliveira dos 100 anos’.

Nun comunicado, a Coral Casablanca puxo en valor a importancia desta obra para o grupo xa que, por mor da súa publicación en 2023, numerosos medios de comunicación, nacionais e internacionais, se fixeron eco da mesma, “facendo mención á calidade interpretativa da Coral e xerando a maior repercusión mediática que xamais tivo a Coral en todos os anos de historia”.

“Ademais de premiar e agradecer esta designación, o talante sinxelo, cariñoso e próximo que Antón Álvarez (máis coñecido como C. Tangana) mostrou coa Coral nas longas sesións de gravación e rodaxe, xerou nos membros do padroado e nos compoñentes do coro unha relación que tamén se pretende institucionalizar con este recoñecemento”, subliñou a agrupación.

O acto de nomeamento de Compoñente de Honra será levado a cabo antes de verán en Vigo. Xa en agosto se llevó comunicou esta decisión ao artista, que recibiu con alegría e agradecemento a distinción.

Os compoñentes de honra da Coral Casablanca instauráronse en 2010 para recoñecer o apoio e agarimo que institucións e persoas brindan de forma desinteresada á Fundación Coral Casabranca de Vigo.

ÚLTIMAS

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...