InicioMovementos SociaisConcentración obreira esta mañá en Vigo: "Onde está a derrogación da reforma...

Concentración obreira esta mañá en Vigo: “Onde está a derrogación da reforma laboral?”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Parte do sindicalismo vigués concentrouse este martes pola mañá ás portas da delegación da Xunta de Galiza para urxir “unha mudanza radical nas políticas”, tanto do goberno galego como do español.

“A inercia da Xunta de Feixóo e a falla de mudanzas reais en Madrid da man do novo Goberno de Pedro Sánchez teñen cronificado o desemprego e alentan unha desertización produtiva que non deixa de avanzar”, denuncian.

Segundo os datos que manexa a CIG, “na cidade de Vigo hoxe hai 7 mil empregos menos na industria que en 2009. O único que ten aumentado é a precariedade, da man de traballos ultratemporais, mal pagados e sen as mínimas condicións”. E, advirten: “Sobre ese emprego estacional non vai haber recuperación económica real”.

Concentración da CIG/ CIG

Cando se produciu a moción de censura que desaloxou a Raxoi do goberno español, desde a CIG advertimos de quen ninguén se confiara. Que o verdadeiramente importante era que mudasen as políticas e non apenas os políticos. Que de pouco valía cambiar o ocupante da Moncloa se as políticas centrais, a económica, a social e a laboral continuaban igual”, lamentan.

Porque, defenden desde a CIG, “xa transcorreron máis de cen días, e o novo goberno de Pedro Sánchez deunos a razón. Onde está a derrogación da reforma laboral ou o novo estatuto dos traballadores? Onde está a fin da LOMCE? Onde está a garantía dunhas pensións dignas para os pensionistas de hoxe pero, e sobre todo, para quen se vai xubilar no futuro? Onde está a derrogación da Lei Mordaza? Onde, o indulto para Carlos e Serafín? En ningures”.

 

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...