InicioSociedadeÉ a enquisa de Vitrasa un "paripé"?

É a enquisa de Vitrasa un “paripé”?

PUBLICADO O

- Advertisement -

Para o BNG de Vigo a enquisa que está a realizar Vitrasa, como empresa concesionaria, ás persoas usuarias do servizo de transporte urbano da cidade é un “paripé”. A fronte nacionalista denuncia que nas 8 preguntas que compoñen o cuestionario, a meirande parte destas refirense a cuestións que a empresa xa coñece polos medios de control do acceso ao autobús (uso dos diferentes tipos de bono, transbordos…)

Pola contra, a enquisa “non recolle nin unha soa pregunta referida a aspectos fundamentais que si permitirían avaliar de verdade o funcionamento do servizo e poder implementar melloras”, defende o bloque nacionalista.

“En que clase de enquisa sobre o autobús non se che pregunta nin sobre as frecuencias, nin sobre os horarios, nin sobre os tempos de traxecto, nin sobre o prezo ou a comodidade e seguridade dos buses? Nunha enquisa paripé, que é o que está a facer Vitrasa”, criticou o candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas.

“Claramente o formulario, que ademais se distribúe só en castelán desprezando máis unha vez o noso idioma, só procura lavar a cara da concesionaria despois de que hai poucas semanas un estudo sinalase que o autobús é o servizo peor valorado polos vigueses e polas viguesas”, acrecentou.

Igrexas demanda que o Goberno municipal poña en marcha unha auditoría municipal do funcionamento do servizo, que permita “obxectivizar as importantes deficiencias e eivas que arrastra e que son obxecto de queixa reiterada polas persoas usuarias”.

Polo tanto, “a piques de concluír a actual concesión é o momento idóneo para someter un servizo que é da máxima importancia para a veciñanza a un estudo profundo”, explicou.

“Unha cidade do tamaño de Vigo, pola súa poboación e por territorio, non pode seguir tendo un autobús de terceira división, con buses cada 45 minutos ou cada hora, sen apenas servizo en fin de semana e con barrios e parroquias illados”, sostén o candidato nacionalista.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...