InicioMedio Ambiente e PatrimonioAdvirten do "risco de abandono" dos montes veciñais cos desconvenios anunciados pola...

Advirten do “risco de abandono” dos montes veciñais cos desconvenios anunciados pola Xunta

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) está a desenvolver unha serie de encontros coas súas comunidades de montes socias para trasladarlles información sobre o proceso de desconvenio dos montes veciñais.

De aquí ao 2021, a Xunta de Galicia ten anunciada a súa intención de extinguir de xeito progresivo os convenios de xestión que mantén cunha parte das comunidades de montes. “Ese desconvenio preocupa en especial ás comunidades afectadas pola vaga de lumes do 2017 ou por incendios anteriores”, destacan desde a AFG.

“O problema das comunidades de montes afectadas polos lumes radica en que se están vendo descapitalizadas e cun monte no que non hai posibilidades de aproveitamento produtivo no curto e medio prazo“, lamentan.

“Ese escenario deixa ós montes veciñais sen posibilidades de xestión e ante un claro risco de abandono” aseguran, polo que desde a Asociación Forestal de Galicia advertiron xa da necesidade dun plan público de restauración dos montes afectados pola vaga de lumes.

En memoria da loita contra o lume/ Miguel Núñez

No caso concreto dos montes con convenio, corresponderíalle á Xunta asumir directamente a súa recuperación, pero o proceso de desconvenio en marcha podería deixar nunha situación moi delicada ás comunidades que están descapitalizadas, cun monte sen arborado e que se ven obrigadas a desconveniar.

O proceso de extinción dos convenios iniciarase por aquelas comunidades que non manteñan débedas coa Administración e continuará progresivamente polas demais. Nas reunións que desenvolveu nas últimas semanas a Asociación Forestal de Galicia en Pazos de Borbén e en Covelo con comunidades de montes socias, constatáronse situacións diversas.

Hai comunidades de montes con convenios en vigor e sen débedas coa Administración que teñen a vontade de desconveniar o seu monte e asumir directamente a súa xestión, pois trátase de montes veciñais dinámicos e con recursos. Distinta é a situación daquelas comunidades sen débedas pero que se ven descapitalizadas trala vaga de lumes do pasado ano.

San Xoan
Lume en San Xoán / Miguel Nuñez

A Asociación Forestal de Galicia mantivo o pasado 10 de setembro unha reunión co director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández Couto, para aclarar como sería o proceso de desconvenio dos montes e as alternativas para as comunidades.

A Xunta proxecta ofrecerlle a parte das comunidades un contrato de xestión que sustituiría aos actuais convenios, que expiran todos no 2021 a máis tardar, pero trátase dunha iniciativa aínda sen concretar.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...