InicioMovementos SociaisConcentración do sector do conxelado no Ifevi: "Hai máis ETTs que contratos...

Concentración do sector do conxelado no Ifevi: “Hai máis ETTs que contratos directos”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Non remata Conxemar 2018, Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados celebrada en Vigo, sen polémica e reivindicacións. Así, ás 10 da mañá deste xoves 4 de outubro concentrárose nas portas do Ifevi traballadores do sector do conxelado convocados pola CIG.

 

O motivo da mobilización: “Como se está levando a negociación do convenio colectivo, un convenio terrible, nefasto, que nos últimos anos só tivo dúas subas do 0,3%. A patronal acostumouse á man de obra barata”.

Un sector moi feminizado, cun 80% de mulleres segundo o comité, e moi potente a nivel empresarial, “pero hai tanta ETT ou máis que traballadores contratados no cadro de persoal da propia empresa”.

Protesta en Conxemar/ CIG

Sindicatos e traballadores esixen melloras tanxibles nos salarios e nas condicións de traballo, en caso contrario, aseguran que irán á folga.

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...