InicioSociedadeAnuncian protestas en Conxemar: "Hai empresas nas que os empregados por ETT...

Anuncian protestas en Conxemar: “Hai empresas nas que os empregados por ETT triplican aos demais”

PUBLICADO O

- Advertisement -

As traballadoras do sector dos produtos elaborados do mar, un sector feminizado, precarizado e con peso maioritario en Galiza, decidiron pasar á ofensiva e convocar mobilizacións tras a ruptura das negociacións do convenio estatal.

A Feira Internacional Conxemar, en Vigo é o lugar escollido para unha protesta que terá lugar o vindeiro xoves 4 de outubro ás 10 horas, e que persegue denunciar “a actitude involucionista da patronal”, salientan desde os sindicatos.

O anuncio produciuse este luns en Pontevedra durante unha rolda de prensa conxunta por parte das centrais presentes na negociación do convenio estatal, CIG, UGT e CCOO, que explicaron que o proceso rachou o pasado 24 de setembro tras unha nova negativa da patronal a mellorar un convenio “sen melloras históricas”.

De feito, e segundo advertiu Xabier Aboi, da CIG-Mar, aínda que a oferta salarial para o primeiro ano é insuficiente, “supón máis que a recoñecida en convenio nos últimos 18 anos”, un dos motivos polos que o tacha como “o peor de todo o sector de alimentación”.

Matria, de Álvaro Gago

As categorías inferiores, segundo indica, non chegan sequera a mileuristas, cuestión que desde a parte social se quere mudar de raíz reivindicando un aumento importante dos salarios. “Esta é a fórmula na que se basea o éxito deste sector”, denuncia.

Alén disto, o sindicalista sitúa a loita pola recuperación de dereitos como o cabalo de batalla da negociación, limitando o traballo temporal e establecendo liñas vermellas en torno ás novas fórmulas abusivas como empresas multiservizos ou falsas cooperativas.

“Temos casos de empresas nas que hai tres veces máis traballadores/as de ETT que contratados pola empresa principal, ou industrias onde operan até tres ETTs diferentes”, indica.

Na rolda de prensa púxose énfase tamén nas “condicións duras de traballo no sector, que decorre en ambientes moi húmidos e fríos, a velocidades de vertixe. É por iso que se reivindica un plus de refrixeración, así como outros pluses para traballos especiais, entre outras cuestións”.

Insisten en que o sector, que engloba algunhas das empresas máis exportadoras da economía galega, ten un potencial de crecemento moi alto e que iso se debe reflectir na mellora das condicións dos máis de 7000 traballadores cos que conta no noso país, entre o 75% e o 85% mulleres.

Por todo isto, a concentración do vindeiro xoves 4 ás 10h ante a Feira internacional Conxemar, en Vigo, será a primeira data dunha axenda que aspiran a ampliar se a patronal non rectifica, mesmo sen descartar a convocatoria de folga.

Desde a CIG-Mar continúan a reivindicar, pola súa banda, a necesidade estratéxica de contarmos cun convenio galego “que podería traer moitos beneficios” ao persoal dos elaborados do mar.

Lembran, ademais, o “enorme prexuízo” de negociar en Madrid un convenio estatal que afecta unha actividade cun peso do 75% en Galiza e cuxa patronal maioritaria ten a sede en Vigo.

ÚLTIMAS

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...

Sancionan cinco alumnos do colexio Monterrey en Vigo tras a denuncia da familia dunha nena por suposto acoso

O colexio Monterrey de Vigo abriu cinco "procedementos correctores con sancións" no marco da...