InicioSociedadePovisa responsabiliza o SERGAS do futuro do hospital e non aclara a...

Povisa responsabiliza o SERGAS do futuro do hospital e non aclara a situación dos traballadores

PUBLICADO O

- Advertisement -

O gabinete de comunicación de Povisa vén de enviar aos medios de comunicación un comunicado no que avanza que a dirección do centro sanitario mantivo unha reunión cos responsables da concellería de Sanidade e do SERGAS co obxectivo de atopar unha solución ao conflito que estalou este venres co anuncio da entrada en preconcurso de acredores.

No devandito comunicado, Povisa incide en que está a atravesar unha “complexa situación financeira”, pese a que pertence a un holding empresarial que vén de duplicar en 2017 os seus beneficios, a falta de coñecer os datos de 2018.

Ademais, acusan o SERGAS como único culpable: “A complexa situación financeira na que se atopa o hospital, derivada das perdas xeradas polo concerto co SERGAS, en vigor desde 2014″, que contou con varios ascensos e actualizacións, en contraste co convenio laboral, “conxelado” desde 2010.

Por último, e o máis importante, non deixaron clara a situación dos traballadores, as súas nóminas nin tan sequera o futuro do centro: “Confíase en que as negociacións alcancen unha solución que despexe o futuro do hospital e, por extensión, o dos seus 1.500 traballadores”, selaron.

Na reunión, o Sergas demandoulle ao centro hospitalario unha ampliación de documentación sobre a situación financeira na que basean a convocatoria do preconcurso, e instounos a garantir o pago das nóminas ao persoal do centro.

A Administración sanitaria asegura que desde que se asinou o concerto ven cumprindo, e así o seguirá facendo puntualmente, coas liquidacións mensuais que prevé o concerto para unha poboación máxima de 139.000 habitantes.

O concerto prevé un pago capitativo de 540 € por habitante a percibir por Povisa, de acordo coas prestacións que inclúe a súa carteira sanitaria para os pacientes que optan por recibir atención nese centro sanitario.

En ningún caso, as circunstancias financeiras de Povisa poden ser atribuídas ao concerto actualmente en vigor”, defenden desde a administración.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...

O alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar dunha muller mentres durmía

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación dun home condenado...