InicioSociedadeO alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar...

O alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar dunha muller mentres durmía

O acusado deberá cumprir catro anos de cárcere, cinco de liberdade vixiada e afastarse da vítima durante seis anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación dun home condenado a catro anos de prisión por un delito de abuso sexual con penetración, cometido no seu domicilio de Vigo. A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra impuxéralle tamén cinco anos de liberdade vixiada, o afastamento da vítima durante seis anos e unha indemnización de 6.000 euros.

A sentenza considera probado que a vítima acudiu á casa do acusado para pasar a noite. Tras cear e tomar unha copa, a muller tomou a medicación pautada polo seu psiquiatra e quedou profundamente durmida. Aproveitando esa situación de vulnerabilidade, o home realizoulle tocamentos e introduciulle os dedos na vagina, sen o seu consentimento.

O TSXG rexeitou os argumentos da defensa, que alegaba erro na valoración das probas e vulneración do dereito á presunción de inocencia. O tribunal destacou que existen probas de cargo “claras e suficientes” que avalan a condena imposta pola Audiencia Provincial e eliminan calquera dúbida sobre a súa culpabilidade.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...