InicioPolíticaPontón acusa a Povisa de usar como reféns a pacientes e traballadores,...

Pontón acusa a Povisa de usar como reféns a pacientes e traballadores, “o conto repetido da chantaxe”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A crítica política á entrada en preconcurso de acredores do hospital Povisa de Vigo non tardou en chegar. Sendo este un centro privado, deixou parte dos seus recursos e instalacións en mans públicas pola sinatura anual dun concerto co SERGAS que recoñece e cuantifica este aluguer, o cal supón unha cifra millonaria para o conxunto dos galegos.

Pero de súpeto a dirección de Povisa culpa á sanidade pública de tódalas súas perdas, que “estiman” en 42 millóns de euros, tras esgotarse o seu fondo de reserva, aseguran, aínda que políticos e sindicatos xa advertiron de que se trata dunha “manobra de presión” para mellorar as condicións de devandito contrato, posto que o grupo empresarial ao que pertence Povisa duplicou beneficios en 2017 e o seu dono veu este mesmo ano como o seu patrimonio persoal neto acadaba os 310 millóns de euros.

Así, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, criticou que o hospital estea “chantaxeando ao país” cun “conto repetido”. En rolda de prensa, Pontón responsabilizou aos populares, polo “deseño” da área sanitaria viguesa, onde, segundo apuntou, “algunhas especialidades” só se ofrecen na sanidade privada e o Meixoeiro está “infrautilizado”.

Povisa/ Miguel Núñez

Neste contexto, criticou que “a empresa está chantaxeando a este país, utilizando como reféns aos pacientes e aos traballadores” do hospital. A Xunta “non pode ceder” ante unha compañía que “duplicou beneficios en 2017” e cuxo dono é “un dos homes máis ricos do Estado español”, sentenciou.

O Bloque, xunto ao resto de grupos da oposición, reclamará que compareza “urxentemente” no Parlamento o conselleiro de Sanidade e que “haxa transparencia”, segundo destacou a portavoz dos nacionalistas.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...