InicioSociedadeO goberno de Sánchez recoñece non traballar na eliminación das peaxes no...

O goberno de Sánchez recoñece non traballar na eliminación das peaxes no tramo Rande-Vigo

"Non hai vontade política", lamentan desde a Asociación de Veciños de Teis. A peaxe da AP-9 subirá de prezo este mesmo ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha representación das Asociacións Veciñais de Teis e Chapela mantivo este mércores en Pontevedra unha xuntanza coa Subdelegada do Goberno, o xefe territorial e o xefe provincial de estradas, ambos do Ministerio de Fomento.

Nesta xuntanza, trasladaron as reivindicacións da eliminación da peaxe no tramo Rande-Vigo, a conversión da autoestrada AP-9 en urbana desde Padín ao centro con acesos e medidas contra o ruído. Tamén comentaron a solicitude feita este pasado martes ao Ministerio de Fomento, da convocatoria da comisión de seguimento da AP-9.

A Subdelegada do Goberno manifestou que, en relación ao anuncio da eliminación da peaxe de Rande, polo anterior Ministro de Fomento, só fora unha declaración, e que non houberá xestións. A Subdelegada, tampouco concretou ningunha data para a eliminación da peaxe.

En relación a conversión en vía urbana da autoestrada desde Padín ao centro da cidade, o Ministerio está realizando un estudo de tráfico, para estudar o impacto desta medida e as alternativas. As medidas contra contaminación acústica, están planificadas no mapa de ruídos, pero falta a súa aprobación.

Ponte Rande
Os catro carrís de Rande operativos /Miguel Núñez

“O único compromiso da Subdelegada foi trasladar as nosas reivindicacións aos novos responsábeis do Ministerio de Fomento e no futuro manter novas xuntanzas, con responsabeis do Ministerio de Fomento”, denuncian.

Polo tanto, laméntanse desde as asociacións de veciños de Teis e Chapela: “Canto tempo máis imos seguir pagando por usar un aceso a cidade de Vigo? Cando será urbana a AP9 desde Padín para mellorar a mobilidade en Teis e Chapela? Cando se instalarán pantallas contra o ruído? Para estas demandas non hai respostas. Mentres hai prevista unha nova suba das peaxes da AP9 antes de finalizar o ano e Audasa, gañou máis de 40 millóns de euros en 2017″.

“Temos que denunciar o engano do anterior goberno central de Mariano Rajoy que non cumpriu o anuncio feito polo anterior Ministro de Fomento. Tampouco observamos do actual goberno central vontade política por atender as reivindicacións, pois non hai avanzo nin prazos, como comprobamos na xuntanza celebrada onte”, lamenta Anxo Iglesias Covelo, secretario da Asociación de Veciños de Teis.

Por último, fixeron un chamamento a veciñanza a acudir a manifestación deste vindeiro sábado 29 de setembro ás 19:00 horas desde Padín, Teis, para esixir a eliminación da peaxe no tramo Rande-Vigo, a conversión da autoestrada AP-9 en urbana desde Padín ao centro con acesos e as devanditas  medidas contra o ruído.

ÚLTIMAS

Nova polémica no Pleno de Vigo tras aprobarse un novo programa de vivendas para familias vulnerables

A Xerencia de Urbanismo de Vigo aprobou este martes unha iniciativa para pór en...

Caballero atribúe a subida do recibo de lixo á “estafa” de Sogama: “Rueda débese crer que en Vigo somos parvos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, censurou a "caradura política" do PP por pedir...

Zona Franca e UVigo asinan o novo convenio para a Cátedra Ardán, que incrementa o orzamento ata 960.000 euros

O delegado da Zona Franca, David Regades, e o reitor da Universidade de Vigo,...

Enfróntase a 3 anos de cárcere por posesión e distribución de pornografía infantil en WhatsApp

Un veciño de Vigo sentará este mércores no banco dos acusados do xulgado do...