InicioEconomíaA Cámara de Comercio e a UE ofertan axudas e talleres gratis...

A Cámara de Comercio e a UE ofertan axudas e talleres gratis aos pequenos comercios de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa abriu xa o prazo para participar na convocatoria de axudas a pequenas e medianas empresas do sector do comercial minorista.

Así, a institución que preside José García Costas levará a cabo 68 diagnósticos gratuítos de innovación comercial a establecementos dcun único obxectivo: axudarlles a mellorar e aumentar as súas vendas.

Estes estudos, que se enmarcan dentro do Plan de Comercio Minorista, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea e pola Secretaría de Estado de Comercio, non teñen custo algún para as empresas.

Os establecementos interesados en recibir estes diagnósticos e recomendacións, e que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria, poderán realizar a solicitude do 2 de outubro ao 23 de novembro.

A avaliación de solicitudes de participación e admisión aos Diagnósticos de Innovación Comercial do Plan de Comercio Minorista realizarase na orde no que sexan rexistradas en calquera das tres sedes da Cámara.

A realización de diagnósticos de innovación comercial forma parte do Plan Integral de Apoio ao Comercio Minorista posto en marcha polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, e a Cámara de Comercio de España, con participación das Comunidades Autónomas e as organizacións sectoriais.

O plan ten por obxecto dotar ao sector dun conxunto de medidas de apoio para favorecer un crecemento competitivo e equilibrado. Como complemento aos diagnósticos, a Cámara levará a cabo cinco talleres temáticos gratuítos co obxectivo de mellorar e incentivar as capacidades das pymes comerciais en torno a diferentes áreas ou materias estratéxicas.

O primeiro deles terá lugar os días 8 e 9 de outubro nas instalacións de Pontevedra. “Redes sociais para a venda de produtos ou servizos”, é o título deste taller de 4 horas no que os asistentes coñecerán as redes sociais máis importantes asociadas ao sector comercial, e as súas técnicas de venda (Facebook, Instagram e Whatsapp).

Tamén aprenderán a utilizar as ferramentas para a creación de imaxes e contidos dixitais, e finalmente coñecerán os detalles dun Social Media Plan, entre outros temas. Este seminario repetirase os días 10 e 11 de outubro nas oficinas de Vilagarcía de Arousa.

Finalmente, os días 15 e 16 de outubro na sede de Vigo celebrarase o taller “Aumenta as túas vendas co marketing dixital”. Durante dous días, os asistentes recibirán formación sobre estratexia dixital e analóxica, iniciación ao email marketing, así como a publicidade e presenza en internet, o márketing de contidos e o famoso e tan demandado posicionamento SEO/ SEM, entre outros aspectos.

Está previsto que os dous talleres pendentes de celebración teñan lugar durante o mes de novembro. Os interesados en asistir a estas accións formativas xa  poden inscribirse a través da web www.camarapvv.e ou de xeito presencial en calquera das sedes que a
Cámara ten en Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...