InicioMedio Ambiente e PatrimonioO director das Illas Atlánticas, investigado por construcións ilegais no Parque Nacional

O director das Illas Atlánticas, investigado por construcións ilegais no Parque Nacional

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asociación ecoloxista Verdegaia condena as presuntas condutas ilegais do director do Parque Nacional Illas Atlánticas. Así, segundo esta entidade, o Servizo de Portección á Natureza da Garda Civil (Seprona) acusa ao directivo de consentir varias construcións ilegais nas illas Cíes.

Verdegaia apóiase en informacións aparecidas o 9 de setembro en varios medios: “De ser certo o que se publicou, estaríamos ante uns feitos de extrema gravidade, que de pasaren en calquera outro país avanzado terían obrigatoriamente que implicar o cese inmediato do Director-Conservador do espazo protexido”.

O sinalado por presuntas irregularidades é José Antonio Fernández-Bouzas, director do Parque Nacional.Verdegaia apunta que “este tipo de condutas presuntamente cometidas por Fernández-Bouzas non nos sorprenden en absoluto dada a súa traxectoria dende que foi nomeado na década pasada Director-Conservador do Parque Nacional”.

No documento remitido pola asociación ecoloxista tamén sinalan que “cómpre lembrar varias actuacións no arquipélago de Cíes, como o proxecto de construción dunha pasarela polo medio do cordón dunar de Punta Muxieiro que foi denunciado no xulgado de instrución número 1 de Vigo e ante diferentes administracións”. Lembran desde Verdegaia que dito proxecto foi paralizado polo Seprona no ano 2009.

Os ecoloxistas tamén denuncian presuntas actuacións ilegais en 2010 “na illa Sur, onde empregaron pedras do antigo mosteiro medieval e salgadoiro para canalizar un rego carecendo de autorización do Parque Nacional, da Consellaría de Medio Ambiente, e realizándose sen licenza municipal”.

En 2011 denunciouse “cando o propio Parque Nacional levantou unha nave de 325 m2 coa finalidade de facer de garaxe de vehículos e albergar xeradores”. Ao parecer “estas obras están situadas en solo rústico de protección de Costas e solo rústico de protección de espazos naturais, e nun espazo con xacementos arqueolóxicos singulares, e non contaron con licenza municipal nin coas autorizacións autonómicas preceptivas”.

Turismo
Paseando polas Cies/ Miguel Nuñez

Ademais disto, as persuntas irregularidades encaixan, segundo Verdegaia, “coa non aprobación do Plano Reitor de Uso e Xestión do espazo protexido, que segundo a Disposición Adicional Segunda da Lei 15/2002 de 1 de xullo, se declara o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia”.

En dita lei apuntábase que “no prazo dun ano elaborarase o plano reitor de uso e xestión (PRUX) do Parque Nacional”. En consonancia con esa Disposición, o PRUX tiña que ter sido aprobado o 3 de xullo de 2003. Pero “malia as insistentes peticións dos últimos anos do ecoloxismo galego, nin a Dirección do Parque Nacional nin a Consellaría chegaron a aprobar este valioso documento”.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...