InicioCulturaVigo quédaselle pequeno a uns Mercury Rev que se levaron a ovación...

Vigo quédaselle pequeno a uns Mercury Rev que se levaron a ovación dun auditorio a medio encher

PUBLICADO O

- Advertisement -

Mercury Rev, banda de indie rock fundada nos 90 en Nova York, actuou este martes en Vigo no Teatro Afundación de Abanca, dentro do ciclo Galicia Importa. O auditorio, pese ao prezo considerablemente reducido da entrada, non estaba cheo.

E o concerto durou hora e media, pero non tería sentido queixarse da súa brevidade porque cinco horas non terían sido suficientes para os que acudiron, e romperon a aplaudir cada canción.

A arte precisa de esforzo, non só para producilo, senón tamén para promovelo e difundilo polo mundo. Se non facemos este traballo, pode que un día xa non veña “ninguén” a Vigo, e ese día non seremos ninguén. Artistas deste calibre son os que esta cidade precisa, e ás veces incluso tamén “produce”, pero se cadra non os que merece.

Auditorio antes da súa actuación/ Vanesa

Os americanos, un dos pais do rock alternativo, cunha grande influencia en grupos estatais como Los Planetas, que tamén actuarán en Vigo en Novembro, sentiron cada nota e homenaxearon unha por unha as cancións do seu “Deserter´s Songs”, disco de 1998 que cumpre 20 primaveras e fora premiado entón pola prensa especializada coma un dos discos cumio daquel ano.

Cando chegou o cuarteto final, de epicidade e emoción absoluta, cunha Goddess on a Highway que defenderon a morte, Holes, Opus 40, que terminou nunha hipnótica e autodestrutiva orxía sonora, e mais a emoción de Dark is Rising, non tiña sentido mirar o reloxo porque estabamos fóra do tempo.

Os Mercury Rev firmando o setlist / Vanesa

Tódolos músicos estiveron espléndidos, e se alguén pide máis a un cantante de rock que o que ofreceu e demostrou Jonathan Donahue quizais debería ir á ópera. Non encheron nin sequera o auditorio, pero dá igual: vistos a súa paixón e talento, é Vigo o que se lle queda pequeno. Todo culminou cunha grande ovación, pero non regresaron ata a firma de autógrafos.

Venderon Cd´s e fotografáronse cos fans, aos que amosaron que, cando non compoñen ou interpretan os seus psicodélicos temas, teñen os pés na terra. 

Fotografándose cos fans/ Vanesa

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...