InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta elimina tres puntos de vertedura de augas residuais no concello...

A Xunta elimina tres puntos de vertedura de augas residuais no concello de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou tres puntos de vertedura de augas residuais na parroquia de Cabral cara ao rego de Pepín, no municipio de Vigo.

Este foco foi identificado, explican nun comunicado, no marco das inspeccións de rastrexo polos técnicos do Programa de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia. O traballo dos inspectores da Xunta e a colaboración dos técnicos do Concello de Vigo permitiron identificar as propiedades nas que se orixinaban as achegas irregulares ao dominio público hidráulico.

Para acabar con estes focos foi necesaria a instalación dun novo colector de saneamento na avenida da Ponte, que permitiu a conexión das vivendas das que procedían as verteduras á infraestrutura de saneamento municipal.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...