InicioSucesosPolicía e bombeiros salvan a un home que caeu desde un segundo...

Policía e bombeiros salvan a un home que caeu desde un segundo piso en Teis

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo trasladouse este mércores ao redor das 09:30 horas ao barrio de Teis, onde se atopaba un home sentado nunha das fiestras dun edificio, e coas pernas cara ao exterior.

Unha vez chegou a patrulla, deron aviso do suceso aos bombeiros e aos servizos médicos de urxencia. Os Policías descoñecían o estado psicofísico do cidadán, polo que intentaron tranquilizalo e falar con el desde o exterior. Cando chegaron os bombeiros, colocaron un colchón de seguridade na vía pública.

Os axentes, que non cesaron de tranquilizar e dar apoio ao cidadán, observaron como a súa postura se relaxara, chegando a suxeitarse cun dos seus brazos no ferro do tendal. Neses momentos, o colchón de seguridade xa estaba colocado.

Nun momento determinado, o home perdeu o equilibrio e caeu cara á vía pública, aínda que o fixo sobre o colchón, non sen antes golpearse lixeiramente contra un tendal exterior dos pisos superiores. Foi trasladado por unha ambulancia a un centro asistencial. Aparentemente só resultou con feridas moi leves. O home ten 41 anos e é veciño do lugar.

ÚLTIMAS

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...

A Xunta cifra en 78 millóns de euros os investimentos autonómicos en Vigo “bloqueadas” polo goberno de Caballero

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, cifrou en 78 millóns de euros...