InicioVigo e contornaVigoFalece Ceferino de Blas, quen fora cronista de Vigo durante moitos anos

Falece Ceferino de Blas, quen fora cronista de Vigo durante moitos anos

Tamén foi director de Faro de Vigo e delegado da Axencia EFE en Asturias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xornalista e escritor Ceferino de Blas faleceu este domingo aos 79 anos. De Blas foi unha figura relevante do xornalismo das últimas décadas, escritor e cronista de Vigo durante moitos anos.

De Blas, asturiano de nacemento, desenvolveu practicamente toda a súa carreira no grupo Prensa Ibérica, principalmente en Faro de Vigo, diario decano da prensa nacional, do que foi director e directivo durante varias décadas. Anteriormente fora delegado da Axencia EFE en Asturias e exercera noutros medios desa comunidade.

Nas redes sociais, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou que tanto o xornalismo como a literatura galega non se entenderían sen a impacto de Ceferino de Blas. “Galicia perde hoxe a un xornalista e escritor de referencia, pero Vigo a un dos maiores coñecedores da súa historia. O meu afecto para a súa familia e para Faro de Vigo”, sinala Roda na súa mensaxe.

Tamén a través das redes sociais, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o falecemento do xornalista “cronista oficial da cidade”. “Gran vigués, gran amigo, sempre no noso corazón e na nosa memoria”, despídese o rexedor.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...