InicioPolíticaO BNG cualifica de "lamentable" o pleno do Marisquiño deste mércores

O BNG cualifica de “lamentable” o pleno do Marisquiño deste mércores

PUBLICADO O

- Advertisement -

Para o BNG de Vigo o resultado do pleno extraordinario de onte mércores, convocado para abordar un asunto de tanta importancia como o grave accidente do Marisquiño, foi “lamentábel”.

Foi o contrario do que as 467 vítimas, as súas familias e o conxunto das veciñas e dos veciños de Vigo merecemos”, afirmou o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, que xa fixo público que non seguirá no cargo, e compareceu esta mañá en rolda de prensa, acompañado polo deputado no Parlamento galego, Luís Bará.

“Temos que denunciar con claridade que é precisamente a incapacidade duns e doutros de poñer por diante os intereses da cidade, a súa falla de capacidade para cooperar entre institucións, unha das causas que explican o estado de abandono do paseo das Avenidas, do de Bouzas e doutros ámbitos da cidade. A súa incapacidade para poñer Vigo por diante supón, como nos demostrou fatidicamente o accidente do Marisquiño, unha imprudencia temeraria”, aseguraron.

Pleno do Marisquiño/ Miguel Núñez

Sobre esa premisa, o BNG anunciou que se dirixirán formalmente ao Goberno municipal, á Autoridade Portuaria e á Xunta de Galiza para exixir que poñan fin ao enfrontamento institucional e insistir, máis unha vez, na proposta de que se poña en marcha unha Mesa do Porto de Vigo que facilite a cooperación entre todas as administracións e os axentes sociais implicados na vida portuaria e na cidade.

Otero reclamou que de maneira inmediata se realice unha auditoría arquitectónica e de seguridade do estado de toda a superficie e instalacións portuarias de acceso público de cara a acordar a súa remodelación.

Pleno do Marisquiño/ Miguel Núñez

A negativa do Goberno municipal a investigar as circunstancias do grave accidente producido na última xornada do Marisquiño é para o BNG algo “ofensivo e intolerábel”. “É inaceptábel que se neguen a investigar que fallou para que un espazo público da cidade se viñese abaixo poñendo en perigo a vida de millares de persoas”, reprocharon. Por outra parte tamén cargaron contra a actuación do Partido Popular a quen acusan de practicar un “oportunismo cínico” utilizando esta cuestión para a súa guerra partidista.

En resposta a preguntas dos medios de comunicación presentes na rolda de prensa a respeito de quen encabezará a candidatura do BNG de Vigo para as eleccións municipais do próximo ano, Serafín Otero explicou que a organización local está desenvolver o proceso de configuración de candidaturas con “absoluta normalidade, nun excelente clima interno e atendendo os procedementos e prazos definidos a nivel nacional”.

O anuncio de novas subas nas peaxes da autoestrada AP-9 tamén motivou a reacción do BNG. Luís Bará rexeitou esa medida asegurando que “as obras de ampliación da Ponte de Rande e o propio convenio ao que están vinculadas estas subas recolle que en todo caso estas deberían aplicarse o ano próximo”.

Bará cargou contra os reiterados abusos da concesionaria e cualificou de “burla” a falta de acción do goberno do Estado que considera de “total complicidade coa empresa”.

Diante desta situación o deputado presentou no día de hoxe unha batería de iniciativas no Parlamento galego, propoñendo a revisión e anulación dos convenios subscritos entre Fomento e Audasa en 2011 e 2013, por recoller cláusulas abusivas a favor da concesionaria.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...