InicioPescadores de Arcade denuncian "prácticas mafiosas" na confraría

Pescadores de Arcade denuncian “prácticas mafiosas” na confraría

Avisan de que recorrerán a accións xudiciais de ser necesario para manter o emprego de mariscadoras e defenderse de posibles danos patrimoniais

PUBLICADO O

- Advertisement -

Membros da confraría de pescadores de Arcade impugnaron a celebración dunha reunión extraordinaria dunha xunta xeral do depósito polo que consideran “graves” irregularidades.

Denuncian que o patrón maior e a secretaria incumpren “sistematicamente” de lectura e aprobación das actas da xunta xeral, ademais de eliminar rogos e preguntas, entre outras cuestións.

Nun escrito asinado por varios membros da confraría, chaman a atención acerca de que “tanto o patrón como os seus afíns están a inventarse unha suposta débeda imputada ficticiamente a colectivos de mariscadoras”, no que consideran “prácticas delituosas mafiosas”.

Así, avisan de que recorrerán a accións xudiciais de ser necesario para manter o emprego de mariscadoras e defenderse de posibles danos patrimoniais.

ÚLTIMAS

​Pérez Esquivel, Beiras, Ferrín ou Ramonet apoian unha campaña pola liberdade de Nicolás Maduro

Destacadas personalidades como Xosé Manuel Beiras, Méndez Ferrín e o Nobel Adolfo Pérez Esquivel...

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...

Carmen García Mateo e Belén Rubio dispútanse este venres o Reitorado da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo e Belén Rubio mediranse este venres na segunda volta das eleccións...

Casa 47 sortea 67 vivendas en Vigo a un prezo de alugueiro medio de 662 euros ao mes

Casa 47 sorteou este xoves ante notario as 171 vivendas da convocatoria piloto de...