InicioDeportesO Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

A sede do club acollerá este luns unha xornada sobre sustentabilidade e futuro coa participación de Javier Tebas, Marián Mouriño, Miguel Vázquez Taín e María Jesús Lorenzana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns, día 8 de xuño, a transparencia e a excelencia en divulgación non financeira do Real Club Celta de Vigo. Nun evento que se levará a cabo a partir das 17:00 horas na sede do club celeste, situada na rúa Príncipe, o Celta recibirá este selo de recoñecemento, un distintivo que sitúa a entidade viguesa como unha das referentes a nivel nacional no ámbito de xestión deportiva.

Segundo recolle o propio Celta nun comunicado, baixo o título ‘O valor invisible do club: sustentabilidade, transparencia e futuro no Celta’, o luns desenvolverase unha xornada que incluirá unha mesa redonda na que intervirán o presidente de LaLiga, Javier Tebas; la presidenta do club, Marián Mouriño; e o presidente do CGEE, Miguel Vázquez Taín. Este coloquio será precedido pola intervención da conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana.

O acto tamén contará coa participación de David Baixauli, responsable de Sustentabilidade de LaLiga, quen abordará a integración da sustentabilidade na estratexia empresarial e deportiva dos clubs profesionais, así como os principais retos e oportunidades que afronta o sector neste ámbito.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...