InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta reclama que o Concello de Redondela paralice a limpeza e...

A Xunta reclama que o Concello de Redondela paralice a limpeza e extración de algas de Cesantes e A Punta

Así o sinalou a Agrupación de Electores de Redondela, que presentou denuncia ante a Consellería de Medio Ambiente para pedir que se investiguese a actuación nestes areais, que foi limpieado con medios mecánicos "agresivos", e sen ter en conta os condicionantes propios dun espazo que forma parte da Rede Natura 2000.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno galego remitiu un requirimento ao Concello de Redondela para que paralice a limpeza mecánica e a extracción de algas nas praias de Cesantes e A Punta.

Así o sinalou a Agrupación de Electores de Redondela, que presentou denuncia ante a Consellería de Medio Ambiente para pedir que se investiguese a actuación nestes areais, que foi limpieado con medios mecánicos “agresivos”, e sen ter en conta os condicionantes propios dun espazo que forma parte da Rede Natura 2000.

Segundo trasladan, o informe dá a razón á denuncia presentada e advirte ao Goberno lecal de que se incoará o expediente sancionador que proceda en caso de non atender o requirimento de paralización.

Os edís de Agrupación de Electores/as de Redondela presentaron a finais de agosto a renuncia ás competencias que tiñan no goberno municipal desta localidade, debido á crise aberta tras a decisión da alcaldesa socialista, Digna Rivas, de retirar ao edil Domingo Villar as súas competencias na limpeza de praias.

O conflito suscitouse pola discrepancia entre ambas as formacións acerca da forma en que debía acometerse esa limpeza (AER pedía que se fixese de forma manual e a alcaldesa decidiu que dita actuación non podía atrasarse ante as queixas dos veciños pola existencia de gran cantidade de algas nos areais).

ÚLTIMAS

Radiólogos de Vigo ven “insuficiente” a proposta de reforzo do Sergas e convocan unha concentración o luns 20

Radiólogos de Vigo cualificaron de "insuficiente" a proposta de reforzo exposta polo Servizo Galego de...

O comité da auxiliar de automoción Borgwarner convoca folga indefinida a partir do 15 de outubro

O comité de empresa da auxiliar de automoción Borgwarner, con centros de traballo en Vigo,...

Estas son as prazas aprobadas pola UVigo na súa OPE 2025 para persoal docente e investigador e de xestión e administración

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este venres a súa oferta pública...