InicioSociedadeAumenta o brote de Covid no CAPD de Redondela con 11 novos...

Aumenta o brote de Covid no CAPD de Redondela con 11 novos casos

Por outra parte, baixan os casos en residencias por negativizar oito persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de casos de Covid en centros de discapacidade de Galicia ha repuntado ata os 57 (6 máis que na xornada do mércores), tras confirmarse 11 novos positivos no CAPD de Chapela-Redondela, e tras recibir o alta 5 usuarios do Fogar e Clínica San Rafael de Vigo.

Segundo informaron este xoves fontes da Consellería de Política Social, nas últimas horas confirmáronse 11 novos casos de infección por coronavirus no centro de Chapela (a maioría de novos contaxiados xa deran positivo en test de antígenos e estaban á espera da confirmación mediante PCR), de maneira que son 48 os usuarios con Covid.

Por contra, o número de casos no Fogar e Clínica San Rafael de Vigo baixou de 14 a 9, tras recibir o alta epidemiolóxica 5 dos seus usuarios contaxiados.

Con respecto ás residencias de maiores de Galicia, o número de casos baixou de 110 a 101, despois de que, nas últimas horas, fosen retirados do cómputo por ‘negativizar’ 8 usuarios da residencia Val de Monterrei, e engadiuse outro caso, na residencia DomusVi Matogrande da Coruña.

Nese cómputo hai que ter en conta que, nas últimas horas, notificouse o falecemento de dous usuarios: unha muller de 85 anos que morreu na residencia de maiores de Ribadeo, e un home de 83 anos que faleceu no Hospital de Verín e que era usuario da Residencia Val de Monterrei.

Deste xeito, o número de casos de Covid en centros xeriátricos galegos distribúese así: 50 na residencia As Gándaras de Lugo, 28 casos na residencia García Irmáns de Betanzos, 8 na residencia Val de Monterrei, 5 na residencia Soremay de Pontevedra, 4 na residencia de Ribadeo, 3 en Santa Marta de Vigo, un en Santo Estevo de Perlío en Fene, outro en DomusVi Vigo e outro en DomusVi Matogrande.

ÚLTIMAS

Detido en República Dominicana un home condenado por violar e gravar a unha moza en Vigo tras fuxir de España

A Policía Nacional de República Dominicana detivo nas últimas horas a Miguel Ángel Wilson, de...

Traballadoras de Protección e Reforma de Menores concéntranse ante a delegación da Xunta para reclamar condicións laborais dignas

Traballadoras do servizo de Protección e Reforma de Menores concentráronse este martes, convocadas polo...

Renuncia por motivos de saúde o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade de Redondela, Iván Valles

O concelleiro socialista do Concello de Redondela, Iván Valles, presentou a renuncia ao seu cargo...

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...