InicioVigo e contornaRedondelaUn equipo especial da Garda Civil reconstruirá o accidente de Redondela para...

Un equipo especial da Garda Civil reconstruirá o accidente de Redondela para coñecer as causas

"O sinistro e o estado do vehículo denota unha gran violencia. A velocidade está presente, que sexa excesiva ou non está por determinar así como que sexa a causa principal do accidente", recoñeceu o xefe de Tráfico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A investigación mantén abertas todas as hipóteses para tentar determinar as causas do grave accidente na AP-9 que se cobrou a vida de tres novos de Redondela o pasado 29 de maio. É por iso que un equipo especial da Garda Civil trasladarase a Galicia para recrear o suceso e poder arroxar luz sobre as circunstancias que rodearon ao sinistro de Teis.

Precisamente, será o Equipo de Reconstrución de Accidentes de Tráfico (ERAT) da Garda Civil, que estes días investiga o accidente mortal do futbolista José Antonio Reyes. Os especialistas farán unha recreación do sinistro no mesmo punto da vía no que se rexistraron os feitos, é dicir, “nas mesmas condicións”, no tramo exacto e á mesma hora. O obxectivo desta recreación será tentar determinar os diversos factores que puideron influír no tráxico suceso que ocasionou a morte dos mozos, como a luminosidade, entre outros.

Así o avanzou o xefe da Garda Civil de Tráfico de Galicia, o tenente coronel Francisco Javier Molano Martín, nunha comparecencia na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra xunto ao capitán do subsector de Tráfico, Leovigildo Villares, e a brigada Mariano Jiménez, responsable de ateigados de Tráfico en Pontevedra.

O sinistro e o estado do vehículo denota unha gran violencia. A velocidade está presente, que sexa excesiva ou non está por determinar así como que sexa a causa principal do accidente”, recoñeceu o xefe de Tráfico, quen insistiu en que será a reconstrución dos feitos a que concretará esta circunstancia, dado que “sería demasiado aventurado” apuntar a iso sen os datos necesarios. “Non podemos descartar ningunha posibilidade”, reiterou,

O tenente coronel Francisco Javier Molano, “investíganse en profundidade todos os factores” para tratar de pescudar a súa influencia nos sucesos. Neste sentido, descartouse a presenza de alcol e drogas no condutor, e igualmente “a influencia dalgún tóxico”. A investigación tampouco considera que puidese influír no accidente que o condutor sacase o carné facía apenas dous meses, en alusión á capacidade de reacción previa á saída de vía do vehículo.

INFRACCIÓNS POR VELOCIDADE

Tráfico tamén mostrou a súa preocupación tras detectar un aumento das infraccións por exceso de velocidade nas estradas galegas no que vai de ano, rexistrando unha porcentaxe de incumprimento “bastante importante” e maior que nas mesmas datas de 2018.

O xefe da Garda Civil de Tráfico de Galicia indicou que, en xeral, a xente “respecta menos” os límites de velocidade, os condutores cometen máis infraccións e é “un factor concorrente” en moitos accidentes de circulación. As estatísticas tamén apuntan que houbo menos sinistros nas estradas, pero que “aumentou a gravidade” en canto a falecidos e feridos graves.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Salvar a Ría de Vigo e recuperar a saude pública

Dende esta primaveira un grupo crecente de persoas e asociacións da cidade de Vigo...

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Un veciño de Vigo recibirá máis de 12.000 euros tras caer nunha escaleira mollada sen sinalización

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...