InicioSociedadeFeministas critican o apoio do Concello de Redondela á Fundación "ultradereitista e...

Feministas critican o apoio do Concello de Redondela á Fundación “ultradereitista e antiabortista” Red Madre

"Estamos fartas de que os homes decidan por nós e sobre nós", subliñan desde a Asociación Paxaretas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asemblea Feminista Paxaretas de Redondela vén de amosar o seu descontento con “que dende unha institución pública como é o Concello de Redondela, (gobernado polo Partido Popular) se apoie e se promocione, a través de eventos culturais ou accións de calquera outra índole, a unha Fundación ultradereitista, antiabortista e nacionalcatólica, como é Red Madre”.

O vindeiro sábado 22 de decembro se celebrará na vila dos viadutos un concerto de Nadal no Multiusos da Xunqueira, cuxa recadación irá en favor de ‘Red Madre’, que desde Paxaretas Redondela definen como “unha fundación afín ao Opus Dei, a faciana máis rancia e represora con respecto ás mulleres dentro da Igrexa católica”.

“Entendemos que o noso alcalde así como seus compañeiros e compañeiras de partido son libres de asistir a reunións do Opus Dei e de rexer a súa vida a partir dos seus principios; o que non imos aceptar é que, dende a institución municipal que nos representa a todas e todos, se faga política antiabortista“, advirten.

“Estamos fartas de que se nos diga o que podemos e debemos facer cos nosos corpos. Estamos fartas de que os homes decidan por nós e sobre nós. E estamos fartas de que en nome da “defensa da vida” se nos coarten as nosas liberdades”, enumeraron.

Acusan a PP e a Red Madre de “empregar as institucións públicas para tentar facer cumprir os seus desexos e, incluso nos atrevemos a dicir, espallar o seu odio. E mediante a caridade; ferramenta que levan séculos empregando para limpar as súas conciencias e perpetuar a pobreza e a exclusión. Exclusión á que din atender “axudando” ás mulleres a ser nais”.

“Do que non falan é de que, no momento en que un neno ou nena nace nun contexto de exclusión, vese privada ou privado dos dereitos máis fundamentais debido ás politicas capitalistas e deshumanizadas que deixan ás persoas sen dereitos, sen oportunidades e sen asistencia social“, acusan.

Polo tanto, “dende a Asemblea Feminista Paxaretas denunciamos que o goberno do concello de Redondela leve a cabo este tipo de actuacións de apoio a fundacións antiabortistas que tratan de privarnos dos nosos dereitos”, conclúen.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...