InicioVigo e contornaRedondelaO comité do Concello de Redondela denuncia "falta de persoal" e deterioración...

O comité do Concello de Redondela denuncia “falta de persoal” e deterioración dos equipos de traballo

"O feito de non ter uns equipos de traballo en condicións retarda o traballo, supón un esforzo extra e pon en perigo a seguridade dos traballadores", critican desde o Comité de Empresa

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa do Concello de Redondela denunciou a “falta de persoal” e a deterioración que sofren, ao seu xuízo, os equipos de traballo que “caen a cachos”.

Nun comunicado, empregados lembran que levan anos lamentando esta situación e, a pesar de que “todos e cada un dos postos de traballo do Concello teñen unha partida económica reservada para pagar o salario de todo o ano”, o goberno local “empéñase en manter ano tras anos unha media de 20 postos vacantes”. Isto, segundo engaden, prexudica a atención e a solución dos problemas dos veciños.

Ademais, indican que algúns vehículos e equipos de traballo “caen a cachos”, ao ser “moi antigos”, asegurando que algúns automóbiles protagonizaron algún incidente polo seu “mal estado”.

“Pero o goberno non o toma en serio e non fai practicamente nada por reverter esta situación. O feito de non ter uns equipos de traballo en condicións retarda o traballo, supón un esforzo extra e pon en perigo a seguridade dos traballadores”, critican.

“Estamos nun punto onde o goberno local tenta negarnos as mudas anuais de roupa de traballo, algo que non lembran nin os máis veteranos”, inciden desde o comité, deslizando que a intención do goberno parece ser a de deixar esmorecer estes servizos públicos para “privatizalos”.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...