InicioVigo e contornaRedondelaO pleno de Redondela votará o mércores a aprobación inicial do PXOM

O pleno de Redondela votará o mércores a aprobación inicial do PXOM

O Concello decidiu ampliar o prazo de alegacións a tres meses para favorecer "que todos os veciños teñan tempo de estudalo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Redondela levará o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para a súa aprobación inicial no pleno do próximo mércores, día 21 de febreiro. Tal como informou o goberno local, a partir de que se produza este trámite, facilitaranse á cidadanía todos os medios dispoñibles para que coñezan o plan e poidan facer as súas alegacións.

“Temos claro que o PXOM é un documento dos veciños, polo que era imprescindible contar co resto dos grupos políticos para redactar un plan participativo, transparente e consensuado”, explicou a alcaldesa, Digna Rivas.

Por iso, a pesar de que a normativa establece dous meses para as alegacións, o goberno redondelano decidiu amplialo a tres, “para favorecer que todos os veciños teñan tempo de estudalo, saber como lle vai a afectar e poidan facer as alegacións que estimen oportunas”.

O Concello lembrou que a redacción do plan contratouse en 2015 e, durante 2021, realizáronse máis dunha quincena de reunións técnicas e políticas nas que participaron non só os técnicos redactores do documento, senón técnicos e persoal de Urbanismo, así como representantes de todos os grupos políticos da corporación municipal.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...