InicioVigo e contornaRedondelaO PSOE ten complicado reeditar un goberno de esquerdas en Redondela ante...

O PSOE ten complicado reeditar un goberno de esquerdas en Redondela ante o vento de AER

En concreto AER quere frear a posibilidade de que a actual alcaldesa Digna Rivas, volva sentar no lugar do primeiro edil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O veto da Agrupación de Electores de Redondela (AER) á ata agora alcadesa, Digna Rivas, do PSOE, complica a posible reedición dun goberno de esquerdas nesta localidade pontevedresa, xa que AER, con só unha acta de concelleira, converteuse na formación ‘chave’ da Corporación.

Este domingo, as urnas outorgaron ao PP unha maioría de 10 concelleiros, a un representante da maioría absoluta, mentres que o PSOE logrou manter as súas 7 actas, e o BNG subiu de 2 a 3. A Agrupación de Electores perdeu dous concelleiros e quedouse cun único representante, pero a súa posición será determinante para saber quen será o próximo alcalde ou alcaldesa.

O portavoz de AER, José Carlos Orge, explicou en declaracións a Europa Press que, tal e como avanzaran no seu momento, “nunca” apoiarán a Bas “nin a ninguén da súa lista” para que goberne Redondela. Así, a pesar de que en 2011 e en 2015 os seus concelleiros votaron á súa propia candidatura e posibilitaron un goberno ‘popular’, iso non ocorrerá de novo, cun Javier Bas que “perdeu hai 4 anos e non quedou na oposición”.

Con respecto a Digna Rivas, cabeza de lista do PSOE e actual alcaldesa en funcións, Orge sinalou que non terá o apoio de AER para ser investida, por unha “cuestión de dignidade”. Así, lembrou que esta Agrupación asinou un acordo coa socialista fai catro anos, entrou no goberno municipal e, dous anos despois, a rexedora retiroulles parte das súas responsabilidades (por un conflito relacionado coa limpeza das praias). “Non imos votar por Digna Rivas, porque xa tivemos un acordo con ela e incumpriuno”, apuntou.

En calquera caso, matizou que AER está disposto a dar o seu voto a calquera outro candidato da lista socialista, ou mesmo a alguén da lista do BNG, que encabeza Xoan Carlos González Campo. “Nin sequera temos por que entrar no goberno local”, engadiu Orge, quen insistiu en que “Digna Rivas é unha liña vermella para AER”.

“GOBERNO DE ESQUERDA, SI OU SI”

Pola súa banda, a alcaldesa en funcións e candidata do PSOE, Digna Rivas, defendeu o seu resultado nas urnas este domingo, con 5.018 votos (238 menos que en 2019) que lle permiten manter os seus 7 concelleiros. “A miña lectura é que os cidadáns de Redondela queren que haxa un goberno de esquerdas, seguen apoiando a Digna Rivas”, proclamou.

A socialista puxo en valor o apoio obtido, nun escenario xeral de perda de votos do PSOE, tanto en Galicia como na provincia, e asegurou que a súa intención agora é “sentar a dialogar, a negociar”, iso si, “co programa e sen personalismos”, e “ata o último minuto”.

Preguntada acerca da posibilidade de que non haxa acordo, e o ‘popular’ Javier Bas sexa investido alcalde, Rivas aseverou que “iso non vai pasar” e, tras evitar aclarar se estaría disposta a dar un paso ao carón para que outro edil da súa lista fose aspirante a rexedor, insistiu en que a súa “responsabilidade” é negociar sobre programa e non sobre persoas. Con todo, garantiu que Redondela terá “goberno de esquerda, si ou si, porque é o que quixeron os veciños”.

En Redondela, onde a maioría absoluta sitúase en 11 representantes, o PP obtivo 10 edís (un máis que en 2019) con 6.920, case 900 máis que fai catro anos; o PSOE mantén 7 actas a pesar de perder eses 238 votos; o BNG sobe de 2 3 concelleiros tras lograr 2.503 papeletas (1.178 máis); e AER baixa de 3 a 1 representante, ao conseguir 858 votos (fronte aos 2.164 de 2019).

ÚLTIMAS

Nova polémica no Pleno de Vigo tras aprobarse un novo programa de vivendas para familias vulnerables

A Xerencia de Urbanismo de Vigo aprobou este martes unha iniciativa para pór en...

Caballero atribúe a subida do recibo de lixo á “estafa” de Sogama: “Rueda débese crer que en Vigo somos parvos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, censurou a "caradura política" do PP por pedir...

Zona Franca e UVigo asinan o novo convenio para a Cátedra Ardán, que incrementa o orzamento ata 960.000 euros

O delegado da Zona Franca, David Regades, e o reitor da Universidade de Vigo,...

Enfróntase a 3 anos de cárcere por posesión e distribución de pornografía infantil en WhatsApp

Un veciño de Vigo sentará este mércores no banco dos acusados do xulgado do...