InicioVigo e contornaO PorriñoConfinados máis dunha hora os veciños dun edificio do Porriño por unha...

Confinados máis dunha hora os veciños dun edificio do Porriño por unha nube de gas

Desde o 112 informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de maneira preventiva, aos Bombeiros e aos membros da Agrupación de Protección Civil do Porriño e á empresa xestora do gas na zona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os veciños dun edificio do Porriño foron confinados nas súas vivendas debido a un escape de gas, que formou unha nube na escaleira.

Os Bombeiros do Porriño, que se encargaron de ventilar o inmoble, indicaron ao 112 Galicia que os veciños puideron saír dos seus domicilios minutos despois das 12 horas, tras dar o aviso sobre as 10,30 horas a través da Policía Local.

Concretamente, solicitaban a colaboración dos Bombeiros pola rotura dunha tubaxe da subministración do gas nun edificio da Avenida de Galicia, no Porriño.

Desde o 112 informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de maneira preventiva, aos Bombeiros e aos membros da Agrupación de Protección Civil do Porriño e á empresa xestora do gas na zona.

Desta maneira, pouco despois xa se atopaban traballando no edificio os técnicos da devandita empresa, que procederon a cortar a subministración. Ao mesmo tempo, os efectivos dos Bombeiros explicaron que se formou unha nube de gas nas escaleiras, o que os obrigou a confinar aos veciños nos seus domicilios ata finalizar a intervención.

Pasadas as 12 horas, as persoas do edificio puideron saír ao exterior das súas vivendas, sen que ningunha delas requirise asistencia sanitaria.

ÚLTIMAS

A escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026

O padroado da Fundación Laxeiro decidiu outorgar o Premio Laxeiro 2026 á escritora viguesa...

Investigan a morte dun home nunha nave abandonada en Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte dun home,...

Vigo rozará o “cheo total” polo aceso do Nadal, segundo Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que a ocupación hoteleira para esta fin...

A CIG denuncia que os buses de Vigo circulan con horarios “imposibles”

A sección sindical da CIG en Vitrasa, a concesionaria do transporte público de Vigo,...