InicioVigo e contornaO PorriñoA Xunta anuncia a licitación das obras de humanización da PO-329 no...

A Xunta anuncia a licitación das obras de humanización da PO-329 no Porriño

Custarán un millón de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou este luns a licitación das obras de humanización das rúas Buenos Aires e Progreso da localidade pontevedresa do Porriño.

Segundo anunciou Vázquez, as actuacións na PO-329, que comezarán a executarse na próxima primavera, suporán un investimento da Xunta de Galicia de case un millón de euros. O obxectivo dos traballos, tal e como destacou a conselleira, é transformar a vía nunha rúa na que os vehículos “cederán protagonismo” en favor dos peóns.

Ethel Vázquez tamén explicou que a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolleu este luns o inicio da contratación dos traballos para actuar nun tramo duns 700 metros no que “se reforzará a seguridade a pé dos veciños, ademais de mellorar a accesibilidade, así como o aspecto estético desta vía, favorecendo a súa mellor integración urbana”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...