InicioVigo e contornaO PorriñoEcoloxistas en Acción denuncian que "non se fixo nada" para descontaminar o...

Ecoloxistas en Acción denuncian que “non se fixo nada” para descontaminar o lindano do Porriño

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción denuncia que a pesar dos reiterados anuncios do inicio dos traballos de descontaminación feitos pola Xunta de Galicia no Porriño, o certo é que máis de cinco anos despois da nova aparición de lindano no barrio do Contrasto “aínda non se descontaminou absolutamente nada”.

Nun comunicado, destaca que nin siquera se actuou para selar a celda de seguridade do Parque do Lindano a cal ten fugas de auga contaminada. A única  actuacións prevista son un par de controis a determinar ao longo do vindeiro ano.

Ademais, critica que na reunión celebrada esta semana, o propio equipo técnico da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente recoñeceu que “está desbordado” por falta de persoal e que a pesar das actuacións comprometidas nestes momentos non hai dotación económica para licitar a execución do proxecto de descontaminación do Contrasto.

Ademais Ecoloxistas en Acción alerta que non se están cumprindo nin tan siquera pequenos compromisos a posta en funcionamento páxina web que se anunciou para setembro deste ano. “Unha web necesaria para facilitar o acceso á información actualizada sobre a situación e distintas actuacións e plans de descontaminación. Tampouco o protocolo de alerta ante posibles novos focos de residuos tampouco entrou en vigor. Só hai un borrador”, indica,

ÚLTIMAS

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...