InicioMovementos SociaisFolga indefinida en Maderas Iglesias tras catro anos de incumprimentos no pago...

Folga indefinida en Maderas Iglesias tras catro anos de incumprimentos no pago das nóminas

Dende o comité de empresa denuncian que a Xunta “segue sen dar sinais de vida” e non ofrece información sobre as xestións que se comprometeu a realizar para garantir a continuidade dos 200 empregos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cadro de persoal de Maderas Iglesias, compañía do Porriño dedicada á fabricación de tarima flotante que atravesa unha situación económica crítica, decidiu en asemblea convocar folga indefinida a partir deste martes 28, “ante os constantes incumprimentos da dirección á hora de abonar os salarios”.

Dende o comité de empresa denuncian que a Xunta “segue sen dar sinais de vida” e non ofrece información sobre as xestións que se comprometeu a realizar para garantir a continuidade dos 200 empregos.

Diante disto, os traballadores apostan por iniciar unha folga indefinida que dará comezo ás 6:00 horas do vindeiro martes 28 de agosto. Na convocatoria, que xa foi rexistrada diante da Consellaría de Economía, Emprego e Industria, explícase que a empresa está a incumprir de xeito continuado dende hai catro anos o pagamento ordinario dos soldos, “acumulando sempre máis de dúas mensualidades que non son abonadas en tempo”.

Na actualidade a empresa debe dúas pagas e o salario de xullo

Pero na actualidade, xa son máis as mensualidades acumuladas, xa que ás pagas extra de Nadal do ano pasado e de verán deste ano ao que sumarlles as mensualidades de xullo “e moi probabelmente tamén a de agosto”.

Ademais, lembran que a dirección de Maderas Iglesias segue sen aclarar cal vai ser o futuro inmediato da actividade produtiva, “con continuos cambios sobre o que pretende facer, e o que é peor, sen un futuro financeiro claro ao non ter liquidez suficiente para facer fronte tanto ao normal funcionamento da empresa como aos pago de nóminas”.

Outro motivo para a convocatoria de folga é a paralización das negociacións do convenio colectivo da empresa, cuxa vixencia rematou en decembro de 2014. Os contactos iniciáronse en abril de 2015, pero despois de numerosas xuntanzas fican suspendidas dende febreiro de 2016.

Finalmente, dende a representación dos traballadores volven cargar contra o papel que está a xogar a Xunta neste conflito e acusan os responsábeis autonómicos de “seguir sen dar sinais de vida” e de non ofrecer información sobre as xestións que se comprometeron a realizar diante das posíbeis compañías inversoras interesadas na compra de Maderas Iglesias co obxectivo de garantir a continuidade dos 200 empregos.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...