InicioCulturaO Festival de Cans celebra o Día das Letras coa proxección de...

O Festival de Cans celebra o Día das Letras coa proxección de ‘Malencolía’, de Alfonso Zarauza

Tamén haberá unha exposición de arquitectura galega.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival de Cans, celebrado nesta parroquia do Porriño, súmase este martes ao festivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas, coa longametraxe ‘Malencolía’ e cunha exposición de arquitectura galega.

‘Malencolía’ é a nova longametraxe do directo compostelán Alfonso Zarauza, un dos participantes “máis fieis” do festival, tal e como destaca a organización. Así, estará este martes na proxección da súa película no Centro Cultural do Porriño, ás 17,30 horas.

O seu último traballo acaparou 11 nomeamentos aos Premios Mestre Mateo do pasado marzo e fíxose con dous galardóns: Diego Anido e Iolanda Muíños como mellores actor e actriz de repartición, respectivamente.

A película, rodada no Carballiño (Ourense), é unha mestura de terror e comedia que narra como a parella protagonista, formada por Xulio Abonjo e Melania Cruz, volven ao rural galego desde Berlín tras comprar unha casa por Internet.

Ademais de Zarauza, acudirán á proxección –de entrada libre ata completar capacidade– Melania Cruz e Ledicia Sola, outra das actrices do elenco.

Tamén no Centro Cultural do Porriño, ás 20,00 horas, unha vez concluída a proxección de ‘Malencolía’, inaugurarase a exposición ‘Entre Cans e Venecia’, de arquitectos coruñeses Juan Creus e Covadonga Carrasco, que inauguran esta mostra que xa estivo na famosa Bienal de Venecia.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...