InicioVigo e contornaO PorriñoMinuto de silencio no Porriño polo falecemento da exalcaldesa Eva García

Minuto de silencio no Porriño polo falecemento da exalcaldesa Eva García

A exalcaldesa socialista do Porriño faleceu este xoves tras sufrir un infarto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Decenas de persoas reuníronse na mañá deste venres no Porriño para gardar un minuto de silencio tras o falecemento da exalcaldesa Eva García de la Torre.

Ás portas da Casa Consistorial, numerosos veciños, así como a corporación local ao completo, o corpo de Policía Local e a Garda Civil renderon homenaxe á que foi alcaldesa do municipio durante seis anos e concelleira.

A exalcaldesa socialista do Porriño faleceu este xoves tras sufrir un infarto. García de la Torre, de 59 anos de idade e natural de Sevilla, morreu no hospital Álvaro Cunqueiro, onde fora trasladada tras sentirse indisposta e onde xa entrou en parada cardiorespiratoria. O persoal sanitario non puido facer nada e acabou falecendo.

A concelleira do grupo socialista, que tiña dous fillos, ostentou a alcaldía do Porriño desde xuño de 2015 ata decembro do ano pasado, cando presentou a súa dimisión para evitar unha moción de censura que dese o poder ao PP.

O seu xesto, finalmente, non impediu a investidura do ‘popular’ Manuel Alejandro Lorenzo, xa que a candidatura da socialista Lourdes Moure non conseguiu os apoios suficientes (polo voto discordante do concelleiro de Unión Democrática da Louriña, Manuel Carreira) para que a esquerda mantivese o goberno do Porriño.

O PSOE de Pontevedra, así como a agrupación socialista do Porriño trasladou a súa “consternación” polo falecemento da exregidora. Así, o secretario provincial do partido, David Regades, recoñeceu que os socialistas están “en estado de shock” polo repentino desta perda.

Pola súa banda, decretáronse tres días de loito oficial na localidade, crespóns negros e bandeiras a media hasta. Segundo trasladou a Europa Press Alejandro Lorenzo, o Concello púxose a disposición da familia para canto poida necesitar.

ÚLTIMAS

A Xunta urxe a Caballero a abordar as válvulas danadas da presa de Eiras

A Xunta de Galicia reiterou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a urxencia de...

Detidos dous veciños de Salamanca por estafa en compras ‘online’

O equipo de investigación tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil...

Vigo acende este sábado o seu Nadal con 12 millóns de luces

Vigo acenderá este sábado as luces de Nadal ás 20.00 horas baixo a árbore...

Vigo xa ten o seus orzamentos aprobados 350 millóns, co rexeitamento de PPdeG e BNG

O pleno do Concello de Vigo deu luz verde este venres á aprobación inicial...