InicioVigo e contornaO PorriñoNove empresas presentan ofertas para executar as obras de reforma e ampliación...

Nove empresas presentan ofertas para executar as obras de reforma e ampliación do centro de saúde do Porriño

A Xunta ten previsto investir 4,6 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Nove empresas presentaron ofertas para executar as obras de reforma e ampliación do centro de saúde do Porriño nas que a Xunta ten previsto investir 4,6 millóns de euros.

Así o informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, no que explica que o proxecto inclúe a reforma de 1.597 metros cadrados e a ampliación doutros 1.105 metros cadrados, co que o novo centro de saúde terá unha superficie de 2.702 metros cadrados.

Unha vez reformado e ampliado, indican as mesmas fontes, contará con oito consultas de medicina de familia, oito de enfermaría, tres consultas de pediatría e dúas de enfermaría pediátrica, ademais dunha consulta de matrona.

Tamén haberá unha sala polivalente, unha sala de toma de mostras e unha sala de técnicas, xunto a unha sala de farmacia, unha área de fisioterapia e outra de odontoloxía, así como unha sala de educación sanitaria, entre outros espazos. Unha vez adxudicado, o proxecto terá un prazo de execución de 18 meses, sinalou a Consellería de Sanidade.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...