InicioEconomíaA CUT pide que se garde un minuto de silencio como protesta...

A CUT pide que se garde un minuto de silencio como protesta polas mortes no traballo

O sindicato subliñou que a "precariedade" no sector da automoción "está a incrementarse exponencialmente" e iso, unido aos "altos ritmos e cargas de traballo", supón "un serio risco para a saúde".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CUT fixo un chamamento aos comités de empresa da industria de automoción de Galicia para que o vindeiro mércores ás 12,00 horas se garde un minuto de silencio como medida de protesta pola sinistralidade laboral no sector e tras o último accidente, ocorrido nunha empresa no Porriño, e que custou a vida a unha operaria.

A través dun comunicado, a Central Unitaria de Traballadores lembrou a traballadora falecida o pasado venres tras sufrir un grave accidente unha semana antes. A muller, que quedou atrapada nunha prensa hidráulica nunha empresa auxiliar de automoción, tiña un contrato eventual “e levaba menos de 6 meses traballando” nesa planta, segundo apuntou a CUT.

O sindicato subliñou que a “precariedade” no sector da automoción “está a incrementarse exponencialmente” e iso, unido aos “altos ritmos e cargas de traballo”, supón “un serio risco para a saúde”.

“Desde a coordinadora de automoción da CUT queremos dicir ‘Xa abonda’. Xa abonda de mortes no traballo, xa abonda de precariedade laboral que mata, basta de primar o beneficio económico sobre a vida e a saúde das persoas”, proclamaron desde o sindicato, e advertiron de que “a saúde non se negocia”.

Por iso, pediron que se garde un minuto de silencio nos centros de traballo este mércores, nun acto que sirva tamén para concienciar todas as persoas traballadoras de que “non se poden permitir presións para producir máis rápido” cando é a vida “a que está en xogo”.

ÚLTIMAS

Xúlgase á parella acusada de incendiar dous vehículos de Vitrasa

Unha parella será xulgada este mércores, 25 de xuño, na Audiencia Provincial de Pontevedra,...

“Os alumnos galegos non destacan na PAU porque outras CCAA reducen a calidade e a esixencia”, segundo Román Rodríguez

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, destacou este venres que o alumnado galego adoita...

A Policía desmantela unha rede de tráfico de drogas en Vigo con 74 quilos incautados

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo, en funcións de garda,...

Murais para todos os barrios de Vigo

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este venres a adxudicación do XI...