InicioCulturaO XV Festival de Cans despídese este domingo coa proxección das cintas...

O XV Festival de Cans despídese este domingo coa proxección das cintas gañadoras

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este domingo, 3 de xuño ás 20h00, o público terá a última oportunidade de ver as curtas gañadoras na XV edición do Festival de Cans na Sala Ingrávida do Porriño.

As proxeccións contarán coa presenza de Álvaro Gago -director de Matria– e Hugo Amoedo -director de Europa-. Ademais, está prevista tamén a participación de directores doutras curtametraxes como Borja Santomé, que conversará cos presentes na proxeción vía Skype ao atoparse vivindo en Londres na actualidade.

Éxito desta edición de Cans / Festival de Cans

Na proxección poderá verse:
– Matria, de Álvaro Gago, a curta máis premiada da historia do festival de Cans, que nesta edición acadou: Premio do xurado á mellor curta, Premio do público, Premio do xurado dos veciños e Premio á Mellor interpretación femenina para Francisca Iglesias.

-El reloj, de Borja Santomé, Premio do xurado na categoría de animación

-Europa, de Hugo Amoedo, a curta que inaugurou o palmarés de FuraCans (non ficción), ao facerse co Premio do xurado nesta mesma categoría

-Afterwork, de Luis Usón e Miguel Aguilar, que fixo que por primeira vez unha curtametraxe de animación acadase o Premio ao Mellor guión -patrocinado por AGAG, Asociación Galega Sindical de Guionistas-

– The film machine, de Sonia e Miriam Albert Sobrino (Also Sisters), Premio do xurado á mellor realización, patrocinado por CREA, a Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia. En Cans tivo lugar a estrea en Europa desta curtametraxe rodada en Utah (EEUU).

O prezo da entrada será de 4€ e o aforo de 70 persoas. Os interesados e interesadas en acudir poden facer xa mesmo as reservas na Sala Ingrávida chamando ao número 986 331 622 ou a través de Ticketea premendo no seguinte enlace: https://www.ticketea.com/entradas-cine-proxeccion-curtas-ganadoras-festival-de-cans-2018/

 

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...