InicioEconomíaReclaman a intervención urxente da Xunta para evitar o peche de Maderas...

Reclaman a intervención urxente da Xunta para evitar o peche de Maderas Iglesias

O Comité de Empresa volverá reclamar por escrito a intervención da consellería de Industria para garantir a continuidade da empresa e o mantemento dos postos de traballo, a tres días de comezar a negociar o ERE extintivo para 140 empregados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unhas 200 familias dos concellos de Salvaterra, O Porriño, Vigo, Ponteareas e Mos veríanse afectadas no caso de que finalmente se consume o peche de Maderas Iglesias, compañía dedicada á fabricación de tarima flotante que atravesa unha crítica situación económica.

Ante isto, o comité de empresa volverá reclamar por escrito a intervención da Xunta para garantir a continuidade da empresa e o mantemento dos postos de traballo.

Maderas Iglesias emprega na actualidade a 249 traballadores. Ademais dos cinco devanditos municipios, que concentran a maior cantidade de empregados (51 en Salvaterra, 38 no Porriño, 36 en Vigo, 32 en Ponteareas e 31 en Mos), a desaparición da compañía deixaría sen posto de traballo a un importante número de persoas en Tui (16), Salceda (13), As Neves (6), Redondela (6) e Tomiño (6). Trátase en todos os casos de empregos directos, polo que a cifra de indirectos sería aínda maior.

Segundo denuncia a CIG, malia que hai xa tres meses que se aprobou por unanimidade do pleno do Concello do Porriño unha moción reclamando a intervención da Xunta para garantir a supervivencia da compañía e o mantemento dos postos de traballo, o Goberno galego aínda non se puxo en contacto co Comité de Empresa. “Non sabemos cal pode ser a axenda do conselleiro de Industria para que neste tempo non fixese nada para salvar unha das compañías máis importantes do sur da provincia de Pontevedra, e da que dependen centos de familias”, denuncia o sindicato.

ERE extintivo

En decembro, a representación do cadro de persoal mantivo xuntanzas con todos os grupos políticos con representación no Parlamento e co Igape para demandarlles un compromiso político co futuro de Maderas Iglesias. Neste senso, reclámanlle aos Concellos afectados nos que goberna o PP “que dean un paso adiante en defensa do emprego en Maderas Iglesias”. O comité, pola súa banda, reiterará por escrito a petición para que a Xunta interveña.

A CIG lembra que cada vez queda menos tempo para buscar unha solución que evite o peche da empresa, xa que o vindeiro venres terá lugar a primeira xuntanza para negociar o ERE extintivo que afectará a 140 traballadores. “Non entendemos a inoperancia da consellería a catro días de que se produza unha reunión da que depende en boa medida o futuro da empresa e o de centos de familias”, sinalan dende este sindicato.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...