InicioCulturaPorriño prepara a Champions League das empanadas caseiras

Porriño prepara a Champions League das empanadas caseiras

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Feira do Pan de Porriño, organizada por ACIPOR e a Asociación de Panaderos de Porriño en colaboración e co patrocinio do Concello de Porriño, está xa en marcha para celebrar os próximos 1 e 2 de Xuño a súa IIIª Edición, que queren que consolide e amplíe o seu impacto como a única feira de pan artesano da provincia de Pontevedra.

A súa maior novidade é a primeira edición do torneo “Empanadas no ring” que premiará, tras varias rondas clasificatorias, á mellor empanada artesá. O prazo de inscrición durará ata o día 30 de maio.

Calquera persoa pode presentar un equipo, composto dun mínimo de 3 e un máximo de 5 persoas que competirán presentando a súa empanada ao xurado o día 2 de Xuño. Poderanse presentar ata 8 equipos, un por parroquia, polo que a organización anima aos interesados/as a que participen no evento dirixindo as súas solicitudes a comunicacion@acipor.es ou no teléfono 693407755. O prazo de inscripción termina o 30 de maio.

Os principais obxectivos da convocatoria deste concurso son:
– Promocionar e poñer en valor o produto gastronómico da panadería porriñesa.
Recuperar a romería da empanada, moi ligada municipio ata mediados dos século XX e ao sector da panadería porriñesa.
Fomentar a participación da cidadanía na posta en valor do pan e da panadería porriñesa.

A inscrición será de balde. Cada equipo representará a unha parroquia e para concurrir ao presente concurso, deberá presentar 3 empanadas coa mesma receita que vaia a concursar.

O concurso ten unha dinámica de competición en grupos de dous. Ao comezo do concurso,
realizarase un sorteo para seleccionar grupos de dous equipos, que competirán en cuartos de final, semifinais e final.

Cada competición comezará do seguinte xeito. Cada equipo deberá nomear un Voceiro/a.
Este, presentará a empanada relatando os sequintes aspectos:
1) Nome da empanada.
2) Recheo: indicando os ingredientes e a forma de preparación do mesmo.
3) Presentación e Forma: Proceso de elaboración, cocción, sabor, forma e
peculiaridades.
4) Identidade e Orixinalidade: a tradición ou idea na que se inspiran para desenvolver a
empanada así como a propia posta en escea e representación da explicación de cada
empanada.
Unha vez rematada a presentación de cada un destes aspectos, que se fará de xeito alterno (é decir, cada voceiro se levantará, exporá cada punto e logo se voltará ao seu rincón a sentar para que o outro equipo expoña o punto correspondente e se poidan valorar cada un deles de xeito conxunto).

Cada equipo terá como máximo 2 minutos para exponer cada un dos 3 puntos a valorar
(recheo, presentación e identidade) e poderá facer uso libremente dese tempo mediante
oratoria ou recursos artísticos como citas, tradicións, poemas, etc…

En cada “asalto”, o xurado valorará cada un destes aspectos e emitirá unha puntuación final, resultado da cal, un equipo pasará á seguinte ronda e outro, quedará eliminado,
sucesivamente ata a final.

As empanadas que participen neste concurso deberán ter como principal ingrediente base da masa do pan do Porriño. É decir, quedan eliminadas as empanadas que puideran
desenvolverse con outro cereal (millos, centeo…) ou outras masas.

As empanadas serán de como mínimo 1 kg e como máximo 2 kilos e a forma poderá ser libre. Cada participante deberá dispoñer da receita escrita que conteña os ingredientes e modo de preparación a disposición do xurado no momento da presentación da empanada.

Haberá un xurado composto polos 8 panadeiros participantes na Feira do Pan, e un membro máis escollido aleatoriamente entre o público asistente.  O xurado dos panadeiros valorará cada un dos 3 aspectos citados no artigo secto: Recheo, Preparación, forma e presentación e identidade.

Cada un dos tres aspectos se valorará de 0 a 10 puntos. O equipo que acada máis puntos, gaña e pasa á seguinte fase. O veredicto da fase final, terá como consecuencia o anuncio da mellor empanada para os panadeiros.

Os premios do concurso serán:
– 1o premio do Xurado: Trofeo e Ruta polo Palacio de Auga de Mondariz.
– 2o premio do Xurado: Trofeo e lote de produtos de panadería.

show cooking

Desde a organización informan ademais de que o ciclo de Panadería Repostería da escola de Formación Profesional EFA A CANCELA situada nas Neves, participarán nuevamente organizando o show cooking da feria.

Os futuros cocineros e chefs de EFA A CANCELA elaborarán varias preparacións de pratos nos que brillará o pan de Porriño, saladas e doces. Na preparación deste show cooking xa traballa o equipo de alumnos buscando combinacións e maridaxes que fagan brillar este produto.

Obradoiro de cociña/ Concello do Porriño

A escola de formación profesional EFA A Cancela aposta desde fai anos por formar aos seus alumnos no campo da panadería artesana, buscando a esencia do bo pan, utilizando procesos moi similares aos do pan de Porriño, (as longas fermentacións, trigos de gran calidade, masa nai, etc.).

Desta paixón polo pan, desde a Feira do Pan de Porriño considerouse moi positivo contar coa colaboración de EFA A Cancela para visibilizar esta profesión e a necesidade de combinar a tradición coa formación e a innovación, ao entender que o futuro da panadería pasa por formar profesionais que volvan situar o pan nos estándares de calidade que se merece.

 

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...