InicioVigo e contornaO PorriñoA última edición do Festival de Cans aumentou as altas laborais e...

A última edición do Festival de Cans aumentou as altas laborais e a ocupación hoteleira

Segundo destaca a organización, a nivel de contratación, producíronse un total de 158 altas laborais vinculadas ao festival, fronte ás 155 rexistradas o pasado ano

PUBLICADO O

- Advertisement -

A XXII edición do Festival de Cans, pola que pasaron preto de 13.000 persoas, deixou cifras “marca” no relativo ao seu impacto social e económico. O festival volveu aumentar o número de altas laborais e a xerar unha ocupación hoteleira do 100%, que obrigou a público e organización a buscar habitacións en varios municipios limítrofes.

Segundo destaca a organización, a nivel de contratación, producíronse un total de 158 altas laborais vinculadas ao festival, fronte ás 155 rexistradas o pasado ano. Delas, 78 foron de maneira directa, relacionadas coas áreas de produción, merchandising, transporte e coordinación de convidados ou traballo en barras.

Ademais, houbo outros 20 postos dedicados a servizos de profesionais autónomos especializados, como comunicación, deseño gráfico, redes sociais, fotografía, vídeo ou programación de contidos, así como outros 60 de contratacións relacionadas con empresas que prestaron servizos para o bo funcionamento do evento.

Entre estes servizos están a recollida de lixo selectivo, seguridade e control de accesos nos camiños da aldea ou montaxe de instalacións de son, iluminación e salas de proxección ao longo do cinco días do festival.

A maioría das persoas contratadas son residentes no Concello do Porriño, e 18 delas viven na propia aldea de Cans, sendo catro deles mozas e mozas aos que o festival lle deu a oportunidade de asinar por vez primeira un contrato de traballo. A eles sumáronse traballadores chegados de localidades da zona, como Mos, Ponteareas, A Cañiza, Vigo ou Salceda de Caselas.

Por outra banda, o bo tempo durante a semana do certame fixo que aumentaron os rexistros hoteleiros da zona os días do festival, chegando ao 100% de ocupación, con hostais e hoteis do Porriño rexistrando cheos, así como establecementos de concellos limítrofes como Tui, Vigo e Ponteareas.

Nestes hoteis aloxáronse persoas que asistiron ao festival, procedentes de Madrid, Barcelona, Pamplona, Huesca, León, Asturias ou localidades do norte de Portugal. Esta edición de 2025 supuxo unha marca de aloxamentos contratados pola propia organización, para traballadores e convidados os cinco días, que se aproximaron ás 200.

En concreto, foron 193 habitacións as que contratou só o propio festival, co consecuente impacto nos servizos de comida e restauración. En total, o certame contratou 860 servizos de comida en ata oito restaurantes distintos, todos eles entre a aldea de Cans e o centro do Porriño.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...