InicioMovementos SociaisO Banco de Alimentos pide voluntarios en Vigo, Redondela, Val Miñor, Moaña,...

O Banco de Alimentos pide voluntarios en Vigo, Redondela, Val Miñor, Moaña, Porriño e Mos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A menos de dúas semanas da Gran Recollida Solidaria, o Banco de Alimentos segue necesitando uns 350 voluntarios. Vigo, Pontevedra, Redondela, Val Miñor, Moaña, Porriño e Mos continúan sendo algunhas das localidades con máis falta de ‘mans xenerosas’ para poder levar a cabo esta cita solidaria, que se desenvolverá os próximos 30 de novembro e 1 de decembro.

Para ser voluntario da ONG hai que cubrir un formulario colgado na web, ou tamén pode chamarse ao departamento de Voluntariado, o 986 263022.

Desde a Fundación Provincial do Banco de Alimentos piden un último esforzo para poder alcanzar os 2.000 voluntarios necesarios na provincia como en anos anteriores O equipo de Voluntariado está a deseñar tamén unha lista de reserva de voluntarios co fin de poder dar resposta ás posibles baixas de última hora.

En concreto, Vigo e Pontevedra necesitan 100 voluntarios aínda en cada cidade; Redondela, 50; Val Miñor, 30; Moaña, 20; Porriño, 20; e, Mos outros 20. Trátase de poder alcanzar os 2.000 que se requiren para poder levar a cabo con éxito esta cita solidaria, a de maior envergadura para a ONG.

O padriño do Banco de Alimentos nesta edición, o actor, humorista e deportista David Amor, está a animar a unirse “ao seu novo club, o do Banco de Alimentos”, a través de Facebook e Twitter.

O obxectivo deste ano é conseguir, polo menos, a cifra récord de 325.000 quilos de comida logrados en 2017, para poder abastecer de produtos básicos os dous almacéns cos que conta o Banco de Alimentos en Vigo e Pontevedra.

Os 2.000 voluntarios que serán mobilizados os próximos 30 de novembro e 1 de decembro estarán distribuídos nunhas 155 superficies comerciais de toda a provincia.

Durante 2017, a Fundación Provincial Banco de Alimentos repartiu 1,9 millóns de quilos de comida e nos seis primeiros meses deste 2018 entregáronse xa preto de 1,2 millóns de quilos de comida.

A entidade apolítica e aconfesional dedica os seus esforzos para facer cumprir un dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable. Na actualidade, entrega axuda a uns 150 colectivos sociais que, á súa vez, distribúena ás 25.000 persoas desfavorecidas.

ÚLTIMAS

A Xunta mobiliza buques, drones e empresas de limpeza tras unha gran mancha de graxa de palma no Porto de Vigo

A Xunta de Galicia activou á primeira hora da tarde o Plan Territorial de...

Novas mobilizacións en centros de Vigo: “a educación é un dereito e non máis recortes”

Membros da comunidade escolar do CEIP A Paz Tintureira de Vigo concentráronse este xoves...

Seguen as críticas cruzadas para que Balaídos sexa sede no Mundial de fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este xoves á Xunta e á Deputación...

Caballero ironiza sobre as vivendas da Xunta en Vigo: “Fan máis visitas que pisos constrúen”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ironizou este xoves sobre a nova visita da...