InicioSociedadeO Canto Conto de Mos deu para todo: Festa da auga, monicreques,...

O Canto Conto de Mos deu para todo: Festa da auga, monicreques, talleres, música, baile e xogos populares

PUBLICADO O

- Advertisement -

A III Edición do Festival Canto Conto que se celebrou este domingo en Mos contou con dous momentos nos que os cativos e as súas familias gozaron especialmente, a actuación dos monicrequeiros “Titiriteros de Binéfar” (Huesca) e a festa da auga, segundo explicaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro.

O festival infantil celebrouse nos exteriores do Pazo de Mos. Esta terceira edición contou coas actuacións de Titiriteros de Binéfar ás 12:00 horas, Mamis e Papis ás 16:00 horas, e Maimiñas e Xingro’s Big Band ás 18.30 horas.

Festival Canto Conto/ Concello de Mos

As sesións de contacontos tiveron lugar ás 13.15 horas a cargo de Xarope Tulú e ás 17.30 horas a cargo de A Garavata Torta. Durante todo o día realizáronse obradoiros de arxila, elaboración de galletas e a práctica de infinidade de xogos.

canto conto

O Festival Canto Conto é un evento dirixido ao público infantil e familiar organizado por Reviravolta Producións. Celébrase no Concello de Mos dende o ano 2016, enmarcado dentro da súa semana grande: a Festa da Rosa, en concreto o terceiro domingo do mes de xuño.

Como o seu nome indica, neste festival teñen especial importancia os contos e a música, plasmados en contadas maxistrais e concertos de música en directo. Os contos son uns dos protagonistas do festival. Dende a primeira edición, no ano 2016, foron moitos e bos os contadores os que pasaron polo festival: Servando Barreiro e a súa “Música das árbores” abriu este espazo no primeiro ano.

Festival Canto Conto/ Concello de Mos

Ademais dos contos e concertos os nenos e nenas participan en diversos obradoiros, onde dan vía libre á súa imaxinación e aprenden cousas tan divertidas como os pasos de baile básicos do hip hop ou a maneira de facer música coas froitas.

Outro dos grandes protagonistas do Canto Conto son os concertos. En anteriores edicións estiveron grupos e artistas como A Gramola Gominola, O Viravai, Xulio Lorenzo, As Maimiñas, Mamá Cabra, María FumaÇa, Paco Nogueiras, Uxía Lambona e a Banda Molona…

Festival Canto Conto/ Concello de Mos

O festival é tamén un bo xeito de achegar aos nenos e nenas ao mundo da arte, por iso durante o mesmo fanse exposicións de artistas coñecidos, e os propios cativos son tamén autores de obras de arte.

Nun evento como o Canto Conto cobran especial importancia a lectura e os libros como elemento de unión entre xeracións. Con espazos adicados a tal fin, non faltan os postos de libros para a venda. Nin tampouco postos de artesanía, xogos populares, pintacaras, obradoiro de arxila e mesmo lugares onde poder penicar algunha que outra cousa rica.

ÚLTIMAS

Air Europa cancela os seus voos entre Vigo e Madrid pola borrasca

09/10/2024    10:40H A conpañía aérea anunciou na súa páxina web que quedan cancelados os voos...

As solucións de Caballero para evitar que a AP-9 parta Teis pola metade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes o inicio dos "traballos a fondo"...

O 112 mobiliza bombeiros de Bueu para apagar dous coches ardendo en Nigrán, a 50 Km

Esta mañá, ao redor das 10:30 horas, produciuse un incendio no aparcamento do Centro...

Os encoros galegos perden catro hectómetros de capacidade nunha semana, mentres setembro rexistra choivas por encima da media

Os encoros de Galicia continúan mostrando niveis estables, a pesar dunha lixeira diminución na...