InicioMedio Ambiente e PatrimonioEcoloxistas denuncian a Vox por "contaminación ambiental e animal" tras colocar miles...

Ecoloxistas denuncian a Vox por “contaminación ambiental e animal” tras colocar miles de globos de plástico por Galicia

A formación repartiu por numerosas localidades de Galicia globos co lema 'Galicia é verde', coincidindo coa presenza do seu presidente, Santiago Abascal, nun acto de partido en Mos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Fundación Franz Weber interporá denuncias administrativas contra Vox por “contaminación ambiental e animal”, tras a colocación este xoves de miles de globos de cor verde en diferentes localizacións de Galicia “sen permiso ningún”.

En concreto, a formación repartiu por numerosas localidades de Galicia globos co lema ‘Galicia é verde’, coincidindo coa presenza do seu presidente, Santiago Abascal, nun acto de partido en Mos para presentar as candidaturas ás eleccións galegas do 12 de xullo.

Así, este venres o colectivo ecoloxista Fundación Franz Weber avanza que denunciarán a Vox ante a Xunta e ante a Delegación do Goberno en Galicia por carecer de “permiso ningún” e posibilitar “unha nociva contaminación do medio natural”.

Esta ONG subliña que municipios como A Coruña dispoñen de ordenanzas que prohiben a colocación de elementos publicitarios sen permiso e que o propio Concello cualificou o acto como “vandalismo”, ao que suma o “terrible impacto que o seu principal compoñente, o plástico, ten sobre os animais, en especial a fauna mariña”.

UNHA “FALSA” DEFENSA DO SECTOR PRIMARIO

Ademais, a Fundación Franz Weber cualifica de “falsa” a defensa que pretendeu facer Vox do sector primario mentres “sementa o mar de centos de elementos de plástico que poden ser inxeridos accidentalmente por animais mariños e por aves, provocando a súa morte por asfixia ou intoxicación”.

O analfabetismo ambiental de Vox é sorprendente, os seus cerebros aínda non conseguen entender que minguar a biodiversidade é derrubar o noso único seguro de vida neste planeta”, manifesta o director deste colectivo, Leonardo Anselmi.

“Cando falan de ‘Galicia é verde’ en realidade refírense a proposicións como as presentadas no Congreso para fomentar a retransmisión de corridas de touros no circuíto de RTVE, a reclamar subvencións para o ‘lobby’ taurino empregando a pandemia como escusa ou a defender que a caza fora unha actividade esencial equiparable á apertura de farmacias ou tendas de comestibles”, sentencia o ecoloxista.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...