InicioVigo e contornaMosVeciños de Mos, sancionados por manifestarse en contra do Centro Comercial da...

Veciños de Mos, sancionados por manifestarse en contra do Centro Comercial da nova Cidade deportiva do Celta

Piden a todos os sancionados pórse en contacto coa Comunidade de Montes para realizar un recurso conxunto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Veciños e membros da Comunidade de Montes que o pasado 30 de novembro manifestáronse no acto de inicio das obras de construcción da Cidade Deportiva do Celta en Mos, comezaron a recibir sancións polos feitos.

Así o fixeron público nunha mensaxe membros da comunidade de Montes de Tameiga que piden a todos os sancionados pórse en contacto coa Comunidade de Montes para realizar un recurso conxunto.

Un cruze de denuncias

As partes implicadas levan un tempo cruzando denuncias entre eles. Así a Comunidade de Montes de Tameiga denunciou o pasado mes de novembro ante Fiscalía, un posible delito de prevaricación e suborno cometido polo presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño, e a alcaldesa de Mos, Nídia Arévalo, na sinatura do convenio para a construción do centro comercial que contempla a cidade deportiva do club de fútbol vigués.

Solicitaron que se investigase se os termos do convenio, validado posteriormente en sesión plenaria do Concello, constitúen unha infracción do artigo 404 do Código Penal e da Lei do Chan do Galicia.

A comunidade, que aclaraba daquela que a denuncia se centrábse na construción do centro comercial e non na cidade deportiva do Celta, asegurando que o club e o Concello “omitiron” no convenio que a lei establece que para desenvolver un plan, os promotores deben posuír o 50 por cento dos terreos. “No convenio asinado comprométense a recalificar 1 millón de metros cadrados, pero a parte que vai desenvolver o plan non é posuidora dos terreos”

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...