InicioMedio Ambiente e PatrimonioMos empregará 45.000 euros en contratar a 4 desempregados para o coidado...

Mos empregará 45.000 euros en contratar a 4 desempregados para o coidado do rural

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de resolver a convocatoria do programa Aprol Rural para este ano 2018 e Mos se beneficia dela como “único Concello Emprendedor”. A administración local mosense contratará grazas a esta axuda autonómica a 4 peóns forestais, durante 9 meses, cun coste total de 45.000 euros.

O obxectivo sería “impulsar o emprego no eido rural para incentivar a contratación de desempregados, durante 9 meses a tempo completo, para que realicen tarefas de silvicultura, biomasa ou limpeza de montes. E ademais os desempregados de Mos contarán cunha oportunidade para acceder ao mercado laboral”.

Os contratos teñen que estar relacionados coa valorización do sector forestal, ao tempo que se priorizan nestes apoios aos Concellos Emprendedores. É dicir, tiveron prioridade no Aprol Rural as administracións locais que se adheriron ao convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para fortalecer a captación de investimento en Galicia, un acordo enmarcado dentro da nova Lei de implantación empresarial.

Ningún Concello Emprendedor que solicitou a axuda quedou sen ela e, de media, recibiron ao redor de 22.000 euros máis que o resto de concellos beneficiarios (o dobre de axudas) e dous traballadores máis que o resto de municipios. Este é o caso de Mos, único da área.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Aprol Rural, financiará o equivalente á totalidade dos custos salariais nos contratos, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social segundo estea marcado no convenio colectivo vixente no momento no que o Concello formulou a súa solicitude.

Esta liña de axudas forma parte do Plan de formación e emprendemento no rural que o departamento de Economía, Emprego e Industria activou por primeira vez o pasado ano con 30 millóns de euros para mellorar as oportunidades laborais do rural.

Monitores-socorristas

Por outra banda a Xunta subvenciónalle tamén ao Concello de Mos a contratación de dous monitores-socorristas para velar pola seguridade dos bañistas na piscina de San Eleuterio durante a tempada estival. O contrato terá unha duración de dous meses e o importe subvencionado ascende 6.400 euros.

Esta axuda atópase enmarcada na liña de subvencións da Secretaría Xeral de Emprego para entidades locais que contraten traballadores desempregados para a realización de obras e servizos de interese xeral e social.

Os dous socorristas contratados encargaranse de asegurar que a práctica deportiva e/ou recreativa sexa efectuada nas condicións e formas seguras e adecuadas, respectando a normativa de uso das instalacións, revisará regularmente a piscina, poderá impartir clases de natación, promocionará o deporte entre os distintos colectivos poboacionais (maiores, nenos e adultos), realizará tarefas de vixianza e salvamento, velará polo cumprimento das normas de seguridade, fará valer as normas de convivencia entre os usuarios, e controlarán o aforo.

Ademais organizarán actividades dirixidas a tres tipos de colectivos principalmente: nenos, terceira idade, e persoas con discapacidade; e tamén puntualmente adultos.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...