InicioMedio Ambiente e PatrimonioMos finaliza o seu seguimento ao lindano con bos resultados ao non...

Mos finaliza o seu seguimento ao lindano con bos resultados ao non atopalo por riba dos limiares legais

PUBLICADO O

- Advertisement -

Esta mañá celebrouse no Concello de Mos a derradeira mesa de traballo da Comisión de Seguimento do Lindano en Mos, na que se concluíu que, á vista das análises e mostras realizadas, tanto en auga como en terra, non se detecta no municipio mosense presenza de lindano por riba dos limiares establecidos.

As últimas análises realizadas dende a pasada Comisión de Seguimento, celebrada o 11 de abril, obtiveron bos resultados, é dicir, dentro dos límites establecidos. Ao longo de todo o estudo, de máis de tres meses de duración, realizáronse 30 analíticas de auga (26 de pozos e 4 de fontes) e todas deron nos seus resultados índices que se atopan dentro do límite de potabilidade. Pola súa banda, as mostras de solo tomadas durante o procedemento tamén deron resultados que se atopan dentro dos parámetros do uso urbano.

Hoxe foi polo tanto a última Comisión de Seguimento do Lindano en Mos, que fora constituída o pasado 7 de febreiro. Na mesa desta mañá participaron varias asociacións de veciños, membros de todos os grupos políticos da Corporación Municipal, da empresa que está a realizar a toma de mostras e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Concretamente estiveron presentes, entre outros, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, un representante da empresa EPTISA contratada para realizar o estudo en Mos, o concelleiro mosense de Coordinación de Asociacións, Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto, os arquitecto e secretaria municipais, representantes de tódolos grupos políticos da Corporación Municipal (PSOE, BNG, GañaMos e o concelleiro non adscrito Emilio Muíños) e representantes das Asociacións Veciñais das zonas nas que se levou a cabo a análise e que son Chan do Bosque-Amieirolongo, Ledicia-Sanguiñeda, Nosa Terra de Pereiras e San Rafael de Pereiras.

En total, ata o día de hoxe, celebráronse tres mesas da Comisión de Seguimento dende que se constituíu o 7 de febreiro: a de constitución, unha segunda o pasado 11 de abril e a desta mañá que foi a terceira e última.

Pola súa banda o presidente da Confederación Hidrográfica informou de que, dende a administración que preside seguiranse a realizar analíticas ao atoparse este labor dentro dos seus cometidos ordinarios.

ÚLTIMAS

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...