InicioEconomíaO Goberno compromete fondos europeos para a subestación de alta tensión de...

O Goberno compromete fondos europeos para a subestación de alta tensión de Stellantis en Vigo

É unha demanda que trasladaron tanto Stellantis como Xunta e Concello de Vigo de forma reiterada nos últimos tempos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, compromete que haberá fondos europeos, do plan REPowerEU, para investir na creación da subestación de moi alta tensión que demanda Stellantis en Vigo, así como para outra en Sagunto (Castelló).

A preguntas da prensa tras o Consello de Ministros, a ministra tamén se referiu ao “papel estratéxico” da planta de Stellantis en Vigo no Perte de Vehículo Eléctrico e Conectado (VEC), “sobre o que queda pendente responder á Xunta”.

Así, considera que se poderá “investir en máis redes de transporte”, “tamén en subestacións”, como serán as de Vigo e Sagunto, aínda que avanza que “non serán as únicas”. Igualmente, Teresa Ribera incidiu en que as enerxías convencionais e renovables en Galicia: “Forman parte da nosa preocupación e dedicación”.

Esta subestación é unha demanda que trasladaron tanto Stellantis como Xunta e Concello de Vigo de forma reiterada nos últimos tempos, incluídas resolucións de apoio a esta infraestrutura no Parlamento galego.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...