InicioSucesosDeteñen un dos autores dun atraco a unha gasolineira empregando unha arma...

Deteñen un dos autores dun atraco a unha gasolineira empregando unha arma de fogo

O roubo produciuse a finais de xullo do pasado ano, a última hora da noite nunha estación de servizo da zona de Coruxo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un home como suposto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación, e ao que identificou como un dos sospeitosos que atracaron unha gasolineira da cidade.

O roubo produciuse a finais de xullo do pasado ano, a última hora da noite nunha estación de servizo da zona de Coruxo. Alí entrou un home coa cara cuberta e armado con coitelo, co que ameazou a unha empregada para pedirlle o diñeiro da caixa rexistradora.

A continuación, entrou outro individuo, tamén ocultando o seu rostro, e portando un arma de fogo. Este segundo sospeitoso tamén ameazou á empregada e logrou subtraer parte da recadación, antes de fuxir do lugar a bordo dun ciclomotor.

Tras a investigación, a Policía identificou a un dos autores dos feitos, o que usou a arma de lume, ao que lle imputa non só o atraco, senón tamén o roubo do ciclomotor co que se fuxiu. O home foi detido e a Policía continúa as xestións para deter ao outro sospeitoso.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...