InicioDetidos dous homes por tráfico de drogas en Cangas

Detidos dous homes por tráfico de drogas en Cangas

Segundo informou a Policía, a operación conxunta iniciouse tras constatar que consumidores de distintas poboacións acudían a un punto de venda en Cangas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela e da Garda Civil de Cangas detiveron a dous homes, con antecedentes policiais, acusados dun delito contra a saúde pública, tráfico de drogas, na zona de Cangas e Aldán.

Segundo informou a Policía, a operación conxunta iniciouse tras constatar que consumidores de distintas poboacións acudían a un punto de venda en Cangas. Así, chegaron a esta localización e identificaron a dous homes que residían na zona e distribuían pequenas cantidades de sustancias estupefacientes no seu propio domicilio e nos arredores.

Tras meses de investigacións, destaca a Policía, determínase a autoría dos detidos nun delito de tráfico de drogas. Ademais, coa intención de desarticular dous posibles puntos negros de venda de drogas no centro da localidade de Cangas e a zona de Aldán, procédese á detención dos dous homes e a solicitude de entrada e rexistro nun dos domicilios dos detidos.

Deste xeito, nos rexistros efectuados interviñéronse 65,17 gramos de heroína, 3,8 gramos de cocaína, 0,58 gramos de marihuana, case 17.000 euros en efectivo, un teléfono móbil, plásticos e básculas e material utilizado para preparar as distintas sustancias estupefacientes en doses para a súa venda. Os detidos foron postos a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...