InicioSucesosExtinguen un incendio nunha nave abandonada en Vigo

Extinguen un incendio nunha nave abandonada en Vigo

Ningunha persoa resultou afectada

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os Bombeiros interviñeron para extinguir un lume nunha nave abandonada en Vigo, no que ningunha persoa resultou afectada. Con todo, as tarefas de extinción resultaron laboriosas debido á cantidade de chapas que había acumuladas.

Segundo informou o 112, Todo comezou sobre as 21,00 horas deste sábado. A esa hora, un particular contactaba co 112 Galicia para informar de que saían chamas polas xanelas dunha nave situada na rúa de Marqués de Valterra, en Vigo.

Engadía que se trataba dunha nave que non tiña activade pero que, ás veces, estaba habitada por indixentes, polo que non sabía si podía haber algunha persoa no seu interior. Ao mesmo tempo, os xestores de emerxencias recibían as chamadas doutros particulares que advertían do mesmo lume, que era apreciado desde varios lugares da cidade.

De inmediato, desde o 112 Galicia ademais de pasar aviso aos Bombeiros de Vigo, informouse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como, aos axentes da Policía Nacional e Local.

Preto de únaa da madrugada, os Bombeiros deron por finalizada a extinción. Confirmaron que se tratou dunha nave de conxelados sen actividade e que o traballo se complicase debido ás chapas que había acumuladas. Ardeu o revestimento das cámaras onde gardaban o peixe.

ÚLTIMAS

Rueda e Caballero dan pasos para desbloquear a ETEA, as pistas de atletismo ou o túnel de Beiramar

A Xunta de Galicia e o Concello de Vigo acordaron este martes dar os pasos necesarios para desbloquear...

Anuncian folga indefinida de ambulancias en Vigo, Cangas e Moaña, e alertan dun “colapso” do servizo

Os sindicatos CIG, CC.OO., e USO anunciaron a convocatoria de folga indefinida, na tempada...

BNG esixe a Abel Caballero que faga fronte o “grave problema de vivenda” coa moción aprobada en marzo

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo esixiu este martes ao alcalde,...

Concentración de traballadores de Correos en Vigo para denunciar o déficit de persoal

Delegados sindicais concentráronse este martes en Vigo para denunciar o déficit de persoal en...